Santiago Casal Cao

futbolista galego

Santiago Casal Cao, nado en 1898 en Vigo e finado en 1982, foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de extremo esquerdo.

Infotaula de personaSantiago Casal Cao
Biografía
Nacemento1898 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1982 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Real Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Procedente do Real Club Fortuna de Vigo formou parte do primeiro cadro de xogadores da historia do Celta de Vigo despois da fusión do Fortuna co Real Vigo Sporting Club en 1923.

Casal debutou co Celta en partido oficial no Campionato galego de fútbol o 2 de decembro dese mesmo ano ante o Racing de Ferrol (7-1), proclamándose o equipo vigués campión desta e das dúas seguintes edicións.

A única competición a nivel estatal que existía no momento era o Campionato de España, a actual Copa do Rei pero na súa primeira participación o Celta tivo que enfrontarse a un dos favoritos, o Athletic de Bilbao, quedando eliminado. Esta primeira experiencia compensouna ao ano seguinte, chegando a semifinais ante o Arenas de Getxo tras perder 1-0 en Getxo e empatar a uns en Vigo, case igualando ao papel do Vigo Sporting que en 1908 foi subcampión do campionato.

Esa segunda tempada rematou cun amigábel en Madrid ante o Real Madrid que rematou cun empate a dous goles, os tantos vigueses marcáronos Polo e o propio Casal.

Na tempada 1924-25 disputase o primeiro derbi Celta-Deportivo, gañando na ida o Depor por 3-0 e gañando o Celta en Vigo por idéntico resultado, marcando Casal un dos goles.

Por aquel entón o Celta tamén disputou amigábeis, non só contra equipos das capitais de España e Portugal senón contra a Selección de fútbol do Uruguai, campioa olímpica, e o CA Boca Juniors, precisamente contra este último foi titular Casal acompañando na dianteira a Polo e Chicha.

En 1928 Casal deixa o Celta e retírase do fútbol en activo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar