Santana Motor S.A. foi unha fábrica de automóbiles situada en Linares (Xaén). Tratábase da única empresa do sector 100% con capital español.

Santana Motor SA

Land Rover Santana, 1988.
TipoSociedade Anónima
Fundación1956
LocalizaciónLinares, Xaén Andalucía Andalucía
IndustriaMotor
Produtos4x4
Número de empregados1.152
Notas
Quebrada en 2011, en liquidación.
Na rede
http://www.santana-motor.es/ e https://www.grupojpg.com
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Land Rover Santana Defender Serie II no Irixo.

Orixinalmente creouse en 1956 como a Metalúrgica de Santa Ana para fabricar maquinaria agrícola, pero en 1961 comezou a fabricar baixo licenza os automóbiles todo terreo Land Rover. Fabricou diversos modelos do mesmo, que tiveron unha enorme popularidade entre os agricultores e gandeiros españois. En 1983 Land Rover, debido a problemas económicos, cancelou a súa participación en Santana Motor, polo que a empresa comezou a comercializar versións do Land Rover baixo a marca Santana, como foi o Santana 2500, todo terreo bastante popular en toda a xeografía española durante os anos 80. A chegada ao mercado de novos modelos de todo terreo e unha certa obsolescencia tecnolóxica levou a Santana a buscar alianzas internacionais, que atopou en 1985 na marca xaponesa Suzuki. Dentro do acordo coa mesma fabricáronse modelos tales como o Samurai, o Vitara e o Jimny.

No ano 2003, Santana desenvolveu un modelo de todo terreo propio, o Santana Aníbal, baseado nos antigos Land Rover, e subministrado a exércitos como o español, o checo e o francés como vehículo todo terreo lixeiro.

Durante 2005, presentou oficialmente os modelos 300 e 350, vehículos todo terreo baseados no Suzuki Vitara, que se deixou de fabricar nas instalacións da multinacional xienense ese mesmo ano. O deseño frontal e traseiro correu a cargo do deseñador italiano Giugiaro.

2006 marcaría o primeiro ano de relación entre este fabricante español e a multinacional italiana Iveco (Fiat). Ese ano alcanzouse un acordo de colaboración para fabricar modelos en Linares coa marca e distribución de Iveco, modelo que saíu da cadea de montaxe en 2008 para ser comercializado en todo o mundo. O acordo tamén daba a posibilidade a Iveco de comprar Santana Motor ata 2010.

O primeiro modelo da relación Iveco-Santana foi o Massif, un todo terreo derivado do antigo Santana Anibal. Máis tarde lanzaríase o segundo modelo, denominado Campagnola (en honor ao mítico Fiat Campagnola), e que non e máis que un Massif en versión curta de 3 portas.

O 14 de setembro de 2009 finalizou a produción do Suzuki Jimny, dando tamén por acabada a histórica alianza co grupo xaponés Suzuki. O último acordo entre as dúas multinacionais daba a Santana Motor a posibilidade de fabricar o modelo Jimny baixo marca propia, tras cederlle o xigante xaponés a plataforma de dito modelo.

Modelos en fabricación editar

  • Santana 300/350
  • Santana Aníbal (versión militar)
  • Iveco Massif
  • Iveco Campagnola

Acordos con outras empresas editar

En febreiro de 2005, Santana Motor e Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles (CAF) chegaron a un acordo para fabricar na factoría linarense vagóns de trens lixeiros metropolitanos, coñecidos popularmente como metros. Encargouse da fabricación de unidades para o metro de Sevilla.

En outubro de 2005, Santana Motor constitúe con Gamesa unha sociedade localizada en Linares para fabricar compoñentes para a montaxe de equipos de enerxía renovables, concretamente torres de aeroxeradores eólicos.

A partir de 2005, Santana Motor iniciou o seu proceso de diversificación, selando a primeira alianza cunha multinacional líder no seu sector, a que seguiron novos acordos con empresas do sector do transporte, do eólico o da enerxía solar.

Gamesa / Daniel Alonso editar

Santana Motor e Gamesa acordaron en outubro de 2005 a posta en marcha dun proxecto industrial conxunto para a fabricación de compoñentes de equipos de enerxías renovables nas instalacións da factoría linarense. Para iso, as dúas firmas constituíron unha nova sociedade participada, Aemsa Santana, na que Gamesa era o socio maioritario co 70% e Santana Motor participaba co 30% restante.

Posteriormente, en xuño de 2007, o Grupo Daniel Alonso acordou con Gamesa a posta en marcha dun proxecto industrial conxunto para a fabricación de torres eólicas en varios centros produtivos en España, entre os que se atopa o de Linares. Este acordo supuxo a constitución dunha sociedade denominada Windar, da que formaba parte Aemsa-Santana.

A nova sociedade, Windar, construíu en Linares unha planta cunha superficie total de 10.000 metros cadrados, que se utilizaban para a montaxe de tramos de torres para aeroxeradores de última xeración de Gamesa.

A presenza de Gamesa e Grupo Daniel Alonso no complexo industrial linarense supuxo un grande impulso para Santana Motor, non só para manter a actividade industrial que tiña, senón para abrir unha nova liña de produción que posibilitaba a consolidación dos niveis de emprego e o futuro incremento dos mesmos. Igualmente, este acordo supoñía a radicación en Andalucía por primeira vez dunha grande empresa dedicada, entre outras actividades, ao deseño, fabricación e mantemento de aeroxeradores e que atopabase nunha interesante fase de expansión e internacionalización dentro dun mercado en claro auxe.

Iturri editar

A multinacional sevillana Iturri e a firma Santana Motor acordaron no mes de xaneiro de 2007 iniciar un novo proxecto empresarial conxunto para a fabricación de vehículos industriais lixeiros contra incendios, emerxencias e catástrofes nas instalacións que a factoría linarense tiña en La Carolina. O acordo supuxo a constitución dunha nova sociedade participada na que Iturri era o socio maioritario co 75% e Santana Motor participaba co 25%.

A nova empresa iniciou a súa actividade sobre unha planta de 7.000 metros cadrados de superficie, dos que 4.000 estaban destinados a produción e oficinas, e o resto empregábase para a almacenaxe do produto acabado ou de vehículos aínda pendentes de adaptar a outros usos específicos (contra incendios, blindados, unidades repostadoras, etc).

Iturri Santana, que nunha primeira fase se dedicaba á fabricación de vehículos sanitarios, incorporou posteriormente outro tipo de modelos industriais do sector das emerxencias, contra incendios e catástrofes. O investimento requirido nesta fase inicial do proxecto roldaba os 1,2 millóns de euros, co fin de poder adecuar e equipar as instalacións existentes para que foran utilizadas na fabricación dos produtos da nova compañía.

Suzuki editar

Santana Motor e Suzuki Motor Corporation subscribiron no mes de marzo de 2007 un novo acordo empresarial no que se establecía unha prórroga da licenza para a fabricación do todo terreo Suzuki Jimny ata setembro de 2009.

O acordo, froito das negociacións iniciadas no Xapón en 2005 polos responsables da Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa e Santana Motor cos da compañía nipoa, contemplaba ademais a cesión a Santana Motor, a partir de setembro de 2009 da plataforma sobre a que se fabricaba o modelo Jimny para que a firma xienense poidese comercializar este todo terreo coa súa marca, ao igual que viña facendo co Vitara dende 2006.

Enertol editar

Dende novembro de 2007 a empresa automobilística Santana Motor reforzou o seu plan de diversificación creando unha alianza coa sociedade Enertol, da que formaba parte a empresa tecnolóxica israelí Ener-t e a compañía navarra Grupo Enhol. A nova sociedade ía a fabricar compoñentes para a industria termosolar, cunha nova planta industrial no municipio xienense de La Carolina.

Alstom editar

A multinacional francesa Alstom, unha das máis importantes do mundo no sector das infraestruturas de xeración de enerxía e transporte ferroviario, anunciou no mes de outubro de 2007 a súa intención de instalar en Linares o seu Centro de Innovación y Tecnoloxía para o desenvolvemento de proxectos no ámbito da sinalización e infraestruturas ferroviarias.

Covasur editar

Santana Motor reforzou en decembro de 2007 a súa liña de diversificación no sector ferroviario coa creación dunha nova sociedade froito da súa alianza coas empresas GEA 21, CAF e o Grupo Gallardo. O novo proxecto industrial céntrase na fabricación de vagóns de carga para o transporte de mercancías e denomínase Compañía de Vagones del Sur (Covasur).

Cronoloxía dos modelos editar

Data Serie Descrición Imaxe

Modelos fabricados dende 1956 en Xaén editar

1958-1962 Santana Serie II Land Rover serie II (88 polgadas) baixo licenza Rover.  
1974-1979 Santana Serie III Land Lover longo.  
1998 Suzuki Jimny Suzuki/Chevrolet Samurai fabricado no Xapón e noutros países. 4x4 de 1.000 cc e 45 cabalos de potencia.  
2004 - 2011 Santana Aníbal O Aníbal ou PS10 para o mercado de fóra, é unha versión mellorada do Santana 2500 que á súa vez provén do Land Rover.  
2007–2011 Iveco Massif Modelo derivado do Santana Aníbal. O Aníbal foi unha versión con melloras do Santana 2500 fabricado nos anos 1980 e 1990. O Massif é unha versión station wagon de 3 e 5 portas, pick-up.  

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar