Sant Antoni de Calonge

Coordenadas: 41°50′56″N 03°06′32″L / 41.84889, -3.10889

Sant Antoni de Calonge é unha localidade costeira do concello de Calonge i Sant Antoni, na provincia de Xirona, Cataluña. Está situada entre Palamós ao norte e Torre Valentina ao sur.

Praia de Sant Antoni

Tiña en 2014 unha poboación de 2.736 habitantes, aínda que nos meses de verán tamén residen na localidade un gran número de turistas nacionais e internacionais.

Foi un concello independente durante a guerra civil española por decreto da Generalitat de Cataluña, recibindo os nomes de Sant Antoni de Mar e Llevantí de Mar. En 1939 foi anexionado unilateralmente polo concello de Calonge i Sant Antoni.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar