San Pedro Alcántara

Coordenadas: 36°28′35″N 4°58′49″O / 36.47639, -4.98028

San Pedro Alcántara é unha localidade do concello de Marbella, na provincia de Málaga, Andalucía. A pedanía ten a súa orixe na colonia agrícola do mesmo nome que en 1860 fundou o xeneral Manuel Gutiérrez de la Concha e Irigoyen, primeiro marqués do Douro.

Praza de San Pedro

Atópase situado na Veiga de San Pedro Alcántara, nunha ampla franxa costeira delimitada por un semicírculo de crebadas serras que a rodean. Tiña unha poboación de 34.922 habitantes en 2013.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar