Lanzós (San Martiño), Vilalba

parroquia civil do concello de Vilalba
(Redirección desde «San Martiño de Lanzós, Vilalba»)

San Martiño de Lanzós é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), situada nun val ao norte da Vilalba. Segundo o IGE[2], en 2022 tiña 470 habitantes (227 homes e 243 mulleres), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 735 habitantes.

San Martiño de Lanzós
Igrexa parroquial
ConcelloVilalba[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°20′38″N 7°39′43″O / 43.3438619, -7.6620453Coordenadas: 43°20′38″N 7°39′43″O / 43.3438619, -7.6620453
Poboación470 hab. (2022)
Entidades de poboación39[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Existen restos arqueolóxicos que datan da Idade de Bronce. Tamén existen restos dun castro con valado de terra no lugar do Adro.

Durante a Idade Media, o señorío de Lanzós formou parte activa na revolta irmandiña.[3] Existe un romance que lembra a participación dos de Lanzós na revolta.[3]

Até hai uns anos explotouse un xacemento de mineral de ferro a ceo aberto no barrio de Ferreira.

Patrimonio editar

No lugar do Pazo consérvase parte da vivenda de Afonso de Lanzós, o xefe irmandiño.

No lugar do Adro atópase a Casa-Escola de Lanzós, edificio de planta rectangular de construción habanera rematado en 1921.

Demografía editar

Gráfica de evolución demográfica de San Martiño de Lanzós entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.[2]

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de San Martiño de Lanzós editar

Lugares da parroquia de San Martiño de Lanzós no concello de Vilalba (Lugo)

O Adro | Bichicán | Biduído | Braínlle | Bustelo | As Cádevas | Caldas | Candorca | Carreiroa | Casa Lousada | O Cotelo | O Coto | O Curadoiro | Escairo | Os Febreiros | Ferreira | Ferreiroa | A Fontevella | Ladrela | Os Lagos | Lamelas | Meixonfría | Moreda | Muruxás | A Pallota | Paraños | O Pazo | O Pedrouzo | A Pereira | O Polo | Ramil | Redondo | O Rego | A Revolta | O Ribado | O Sisto | Touriño | Vilagondriz | Vilate

Parroquias de Vilalba editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Vilalba

Alba (San Xoán) | Árbol (San Lourenzo) | Belesar (San Martiño) | Boizán (Santiago) | Carballido (Santa María) | Codesido (San Martiño) | Corvelle (San Bartolomeu) | Distriz (San Martiño) | Goiriz (Santiago) | Gondaísque (Santa María) | Insua (San Bartolomeu) | Ladra (San Salvador) | Lanzós (San Martiño) | Lanzós (San Salvador) | Mourence (San Xiao) | Nete (San Cosme) | Noche (San Martiño) | Oleiros (San Mamede) | Rioaveso (San Xurxo) | Román (Santalla) | Samarugo (Santiago) | San Simón da Costa (San Simón) | Sancovade (Santiago) | Santaballa (San Pedro) | Soexo (Santa María) | Tardade (Santa María) | A Torre (Santa María) | Vilalba (Santa María) | Vilapedre (San Mamede) | Xoibán (San Salvador)


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar