Samuel Juárez

político español

Samuel Jesús Juárez Casado, nado en La Bañeza (León) en 1962, é un político galego do PPdeG.

Infotaula de personaSamuel Juárez
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
La Bañeza, España Editar o valor em Wikidata
Delegado do Goberno en Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De profesión, é veterinario. No político, Juárez Casado desempeñou diversas tarefas durante os mandatos de Manuel Fraga en Galiza. Destaca entre elas a coordinación das campañas de saneamento gandeiro da Xunta de Galiza en 1988. Foi así mesmo secretario xeral de pesca marítima do Ministerio de Pesca de España, en 1996. En abril de 2009 foi designado para ocupar o cargo de conselleiro do Medio Rural, co novo goberno popular presidido por Alberto Núñez Feijóo. Permaneceu neste posto ata xaneiro de 2012, cando cesou das súas funcións. En xaneiro de 2012 foi nomeado delegado do goberno en Galicia[1]. En novembro de 2014 abandonou o posto para ser agregado de Agricultura na Embaixada de España na China[2].


Predecesor:
Alfredo Suárez Canal
  
conselleiro do Medio Rural
 
2009-2012
Sucesor:
Rosa Quintana
Predecesor:
Xosé Manuel Pose Mesura
 Delegado do goberno en Galicia 
2012 - 2014
Sucesor:
Santiago Villanueva Álvarez

Notas editar