A Sammon Malja (en galego Copa Sampo) foi o trofeo entregado cada ano en Finlandia ao equipo campión da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino ata 2011, ano no que foi substituído pola Aurora Borealis Malja.

A Sammon Malja.

Historia editar

Se ben o hóckey sobre xeo feminino comezou a organizarse en Finlandia na década de 1970, cando naceron os primeiros equipos femininos, non foi ata a tempada 1982-83 cando se organizou o primeiro campionato feminino oficial no país, a Naisten SM-sarja.[a] Decidiuse cear a Sammon Malja como trofeo para entregar ao equipo gañador dende esa primeira tempada,[2] que foi entregado ao Helsingin Jääkiekkoklubi, quen repetiría o ano seguinte.[3]

Ao longo da súa historia, Ilves e Espoo Blues foron os dous equipos que máis veces alzaron o trofeo, dez cada un.[2]

En 2010 foi entregado por última vez ao campión desa edición da Naisten SM-sarja, Ilves,[3][2] e o na primavera seguinte foi substituído pola Aurora Borealis Malja.[4]

Orixinalmente a copa posuía unha tapa que se perdeu.[2]

En 2022 o trofeo expúxose no Museo finlandés do hóckey sobre xeo.

Palmarés editar

Tempada   Campión   Prata   Bronce
1982-83   HJK   Ilves   EVU
1983-84   HJK   EVU   Ilves
1984-85   Ilves   EVU   HJK
1985-86   Ilves   HJK   Sport
1986-87   Ilves   EVU   Shakers
1987-88   Ilves   EVU   HIFK
1988-89   EVU   Ilves   HIFK
1989-90   Ilves   EVU   SaiPa
1990-91   Ilves   Shakers   EKS
1991-92   Ilves   Shakers   EKS
1992-93   Ilves   Shakers   Kiekko-Espoo
1993-94   Shakers   Ilves   Kiekko-Espoo
1994-95   Shakers   Ilves   KalPa
1995-96   Shakers   Kärpät   KalPa
1996-97   JYP   Shakers   Kiekko Espoo
1997-98   JYP   Kärpät   Kiekko-Espoo
1998-99   Blues   JYP   Ilves
1999-00   Blues   Kärpät   Ilves
2000-01   Blues   Kärpät   Ilves
2001-02   Blues   IHK   Kärpät
2002-03   Blues   Kärpät   Ilves
2003-04   Blues   Ilves   Kärpät
2004-05   Blues   Ilves   Kärpät
2005-06   Ilves   Kärpät   Blues
2006-07   Blues   Kärpät   IHK
2007-08   Blues   Ilves   Kärpät
2008-09   Blues   Ilves   HPK
2009-10   Ilves   Blues   HPK

Casificación de equipos editar

Equipo   Campión   Prata   Bronce Medallas totais
  Ilves 10 8 5 23
  EKS/Kiekko Espoo/Espoo Blues 10 1 7 18
  Shakers 3 4 1 8
  HJK 2 1 1 4
  JYP 2 1 0 3
  EVU 1 5 1 7

Notas editar

  1. Dende a tempada 2017-18 a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés recibe o nome de Naisten Liiga.[1]
Referencias
  1. "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liiga" (en finés). leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Panel de descrición do obxecto na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022).
  3. 3,0 3,1 Jääkiekkokirja 2022 (en finés). Helsinqui: Suomen Jääkiekkoliitto. p. 247. ISSN 0784-3321. 
  4. Mennander, Pasi (12 de marzo de 2013). "Tästä pokaalista pelataan - 15 faktaa Aurora Borealis -maljasta" (en finés). leijonat.fi. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar