Sam Fisher é un personaxe de ficción, espía protagonista da saga de videoxogos Tom Clancy's Splinter Cell. O seu verdadeiro nome é Samuel Fisher, ten unha filla chamada Sara que morre na 4ª entrega de Splinter Cell. Sam evitou varios conflitos internacionais (nos videoxogos) e é un dos xogos con máis éxito de Ubisoft.

Sam Fisher
Real Name Samuel Leo Fisher
Nacionalidade Estados Unidos de América
Afiliacións NSA (Third Echelon), CIA, Navy SEALs
Sexo Home
Pelo Escuro
Ollo Verdes
Altura 1,83 m"
Peso 88 Kg.
Educación Ciencias políticas, adestramento en armas avanzadas, adestramento Scuba, cualificación SAO, adestramento SQT
Voz David Rocha (Na versión en castelán)

Movementos (avanzados) editar

Rodar O ir correndo pulsase o botón de agacharse.

Salto de pernas abertas Se Sam está nun corredor non demasiado ancho e relativamente alto, pode facer un salto de pernas abertas é quedar de pé na rede cun pé en cada lado.

Dobre salto Estando o lado dunha parede Sam pode saltar e darse impulso coa parede.

Ataque superior Se se Sam se coloca enriba dun inimigo, pode tirarse sobre el e deixalo inconsciente.

Rappel Sam pode subir e baixar por unha corda ou cable libremente.

Disparar en rappel Sam pode empuñar e disparar a súa arma cando está facendo rappel (só a pistola e o fusil SC20K).

Disparar colgado Sam pode empuñar e disparar a súa arma cando está colgado dunha canalización ou viga (só a pistola SC 5-7).

Disparar en salto aberto Sam pode empuñar e disparar a súa arma cando está na posición de salto de pernas abertas.

Armamento editar

Fusil SC20K editar

Fusil SC20K con accesorio francotirador editar

O SC20K é a arma principal de Sam e pode levar un dos seus catro accesorios adicionais. Cada cargador deste fusil contén 30 proxectís.

Fusil SC20K con empuñadura frontal editar

Este é un accesorio moi útil que permite usar o SC20K con maior precisión.

Fusil SC20K con accesorio de escopeta editar

O propósito principal da escopeta semiautomática é axudar ó axente en situacións de combate de rango corto.

Fusil SC20K con accesorio lanzador editar

Este accesorio permite a Sam lanzar diferentes dispositivos, cada un cas súas propias características.

Dardo tazer Estes dardos adhesivos lanzan unha descarga eléctrica o entrar en contacto co seu obxectivo. Poden combinarse coa auga para obter mellores resultados.

Cámara de seguimento Permiten realizar operacións de vixilancia remotas e ten funcións de zoom, así como visores térmico e nocturno. Dispón dunha función especial de son que atrae a atención dos personaxes NPC (os que controla a máquina). Ademais, pode lanzar un gas tóxico que afectará aos NPCs máis próximos e deixaraos inconscientes. Cando o gas é liberado, a cámara se destrúese.

Granada de gas A granada de gas produce vapores de hipocloruro non letais que deixan sen sentido a calquera persoa próxima en cuestión de segundos, salvo que leven máscara anti-gas.

Visor electrónico editar

Dispositivo novo e experimental que permite a Sam escanear unha área e revelar diferentes propiedades nos seus obxectos. Os obxectos cos que podes actuar aparecen destacados sobre os demais obxectos cando estás nesta vista.

Pistola SC 5-7 editar

A pistola SC 5-7, á que se lle pode incorporar un potenciador óptico, leva un gatillo de simple acción e un cargador de 20 cartuchos, ademais de silenciador e supresor de canonazo.