Sam Bartram

futbolista británico

Samuel Bartram, coñecido como Sam Bartram, nado en Jarrow o 22 de xaneiro de 1914 e finado en Harpenden o 17 de xullo de 1981, foi un futbolista profesional e adestrador inglés. Xogou de gardameta e foi o xogador que participou en máis partidos co Charlton Athletic F.C., o único club en que xogou a nivel profesional.

Infotaula de personaSam Bartram

(2005) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Samuel Bartram Editar o valor em Wikidata
22 de xaneiro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Jarrow, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xullo de 1981 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Harpenden, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Altura178 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaInglaterra Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1934-1956 Charlton Athletic Football Club (pt) Traducir 579(0) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
1956-1960 York City Football Club (pt) Traducir
1960-1962 Luton Town Football Club (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cando rematou a escola, Bartram traballou nunha mina de carbón. Amais, xogaba tanto de dianteiro centro como de extremo dereito en categorías non profesionais no nordés de Inglaterra. Con 17 anos fixo unha proba para entrar no Reading F.C., mais non a superou.

En 1934, o club da súa vila, o Boldon Villa, ficou sen gardameta para unha final de copa, xa que o suplente, amais, estaba lesionado. O adestrador decidiu colocar a Bartram baixo a portería, pola súa aparencia corpulenta. Estaba entre o público Anthony Seed, un observador do Charlton Athletic. Bartram xogou tan ben que Seed recomendouno ao seu irmán, Jimmy Seed, asistente do adestrador do Charlton.

Nos seus primeiros tres anos no Charlton, o equipo ascendeu dende a Division Three até quedar en segundo posto na división máis alta. Xogou como gardameta no equipo durante 22 anos, até o seu retiro en 1956, e non aceptou convites doutros equipos durante a guerra. Está considerado un dos xogadores máis destacados do Charlton e o seu porteiro máis virtuoso. Ademais, extradeportivamente, gañou sona polo acontecido en 1937 durante un encontro contra o Chelsea en Stamford Bridge:

"Pouco despois do saque inicial", escribiu na súa autobiografía, "[a néboa] comezou a facerse cada vez máis espesa na outra banda do campo, até que deixei de ver a Vic Woodley na portería do Chelsea. A néboa achegábase cada vez máis a min. O árbitro detivo o xogo e posteriormente, cando mellorou a visibilidade, retomouno. Nese momento iamos gañando, e eu cada vez vía menos, tamén porque estabamos atacando con axilidade."
O encontro estaba a desenvolverse nun silencio infrecuente. Porén, Sam mantívose na súa posición, atento dende o límite da área de penalti malia a espesura da néboa. Chamáballe a atención que o ataque non se desprazase cara a súa portería. "Pasado un bo anaco," escribiu, "xurdiu unha figura trala cortina de néboa. Un axente de policía berroume, case sen folgos. 'E logo que estás facendo aquí? O partido suspendeuse hai un cuarto de hora. O campo está completamente deserto'. E cando conseguín chegar ao vestiario, camiñando ás toas a través da néboa, o resto do equipo, quen xa estaban duchados e vestidos de rúa, escachaban a rir."[1]

Xogou en catro finais en Wembley entre 1943 e 1947[2] (as finais da FA Cup en 1946 e 1947, e a Southern Football League War Cup en 1944 e 1945), e gañou a FA Cup en 1947. Durante a semifinal contra o Newcastle United en Elland Road o 29 de marzo de 1947, Bartram estaba a sufrir unha intoxicación alimentaria, polo que xogou cun cataplasma quente sobre o estómago.[3]

Durante a Segunda guerra mundial, Bartram liderou o York City,[4] o Liverpool[5] e mais o West Ham United.[6] Tamén exerceu de instrutor de fitness.[7]

Malia Bartram visitar Australia como parte do 11 inicial de Inglaterra en 1951[8] e xogar para a selección B de Inglaterra, tivo a deshonra indesexada de ser 'o porteiro máis virtuoso de Inglaterra que nunca xogou polo seu país', xa que na Selección de fútbol de Inglaterra eran Frank Swift e Ted Ditchburn quen disputaban a posición de gardameta.[8]

O 6 de marzo de 1954 logrou o récord de partidos xogados na Liga de Fútbol inglés, con 500.[9] Con 40 anos ficou en segunda posición na clasificación de "Futbolista do Ano" 1954.

Bartram é o xogador de maior idade do Charlton, xa que xogou até os 42 anos. Retirouse en 1956, despois de 623 partidos,[10] e foi o adestrador do York City. Entre 1960 e 1962 foi o adestrador do Luton Town, e posteriormente foi columnista de fútbol para o xornal The People. Pasou os seus últimos anos na vila de Harpenden.

Legado e vida persoal editar

 
Estatua de Bartram, 2009.

Entre 1976 e 1977 construíuse unha urbanización nuns terreos propiedade de Jimmy Seed, un bloque de pisos e sete casas, que recibiu o nome de Sam Bartram Close.

En 2005 inaugurouse unha estatua de Sam Bartram nas inmediacións do estadio do Charlton Athletic, The Valley, para celebrar o centenario do club.

Cincuenta anos após a súa xubilación, o Charlton bautizou como Bartram o bar e o restaurante do seu estadio na honra do gardameta.

Era o sobriño de Jimmy Bartram, un dianteiro que xogou no equipo escocés Falkirk F.C.[a]

Estatísticas como adestrador editar

Equipo Dende Até Rexistros
X G P E
York City 1 de marzo de 1956 1 de xullo de 1960 211 85 70 56
Luton Town 1 de xullo de 1960 1 de xuño de 1962 95 35 42 18

X: xogados — G: gañados — P: perdidos — E: empatados

Notas editar

  1. They were born three years apart which has led to them being described as brothers;[11] Sam's father Samuel and Jimmy were both sons of Edwin and Elizabeth Bartram, with Jimmy the youngest in the family born 22 years after Samuel.[12][13]
Referencias
  1. Evon, Dan (27 de decembro de 2019). "Is This Soccer Goalkeeper ‘Lost in the Fog’?". Consultado o 16 de febreiro de 2022. 
  2. When Saturday Comes – The Half Decent Football Book. Londres: Penguin Books. 2005. p. 76. ISBN 0-14-051575-5. 
  3. Nawrat, Chris; Hutchings, Steve (1995). The Sunday Times Illustrated History of Football. Reed International Books Ltd. p. 71. ISBN 1-85613-847-X. 
  4. Hackett, Robin (23 de febreiro de 2012). "The Mavericks: Sam Bartram". ESPN. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2021. Consultado o 6 de xaneiro de 2018. 
  5. Daniel, Peter. Bartram, The Blitz and Beyond (PDF). p. 35. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xaneiro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  6. Marsh, Steve. "WW2 Guest Players". theyflysohigh.co.uk. Consultado o 6 January 2018. 
  7. Nawrat, Chris; Hutchings, Steve (1995). The Sunday Times Illustrated History of Football. Reed International Books Ltd. p. 65. ISBN 1-85613-847-X. 
  8. 8,0 8,1 "'COOM ON CHOOM' IN MANY LANGUAGES". The Sunday Herald. 27 de maio de 1951. p. 3. 'But the name of the English goalie, Sam Bartram, was included in a section of the packets.' 
  9. Nawrat, Chris; Hutchings, Steve (1995). The Sunday Times Illustrated History of Football. Reed International Books Ltd. p. 87. ISBN 1-85613-847-X. 
  10. Clayton, Paul (2001). The Essential History of Charlton Athletic. Headline Book Publishing. p. 104. ISBN 978-0-7553-1020-3. 
  11. Bartram Sam Image 7 Charlton Athletic 1937, Vintage Footballers
  12. 1891 England Census, Edwin Bartram, County of Durham [son Samuel aged 2 years]
  13. 1911 England Census, Edwin Bartram, County of Durham [son James aged 1 month]

Véxase tamén editar