Salvatore Viale, nado en Bastia o 6 de setembro de 1787 e finado na mesma cidade o 23 de novembro de 1861, foi un escritor e maxistrado corso. Considerado como o autor do primeiro texto literario en lingua corsa, Sirinatu di Scappinu, que se atopa no cuarto canto da súa obra Dionomachia. Está considerado un dos máximos expoñentes do italianismo corso.[1]

Infotaula de personaSalvatore Viale

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1787 Editar o valor em Wikidata
Bastia, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte23 de novembro de 1861 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Bastia, Francia Editar o valor em Wikidata
Xuíz
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado nunha familia de clase alta de orixe xenovesa recibiu na súa cidade natal a súa primeira educación. En 1803 marchou a Roma para estudar medicina e alí descobre a paixón pola literatura. Volveu a Córsega en 1805 logo da morte de seu pai. Inscribiuse na Universidade de Pisa, graduándose en dereito en 1809 e comezou a dar clases no Collegio di Bastia e publicou en 1813 o tratado Principi delle Belle Lettere. Trala caída de Napoleón instaurouse na illa un goberno provisional independentista co que se involucrou Viale pero que acabou caendo en favor do mantemento da unión con Francia. Viale volve a Roma, achegándose aos círculos liberais italianos. En 1816 volveu a Bastia como procurador substituto no xulgado do criminal da cidade. E ao ano seguinte publica a primeira edición de Dinonomachia. Entre 1819 e 1831 foi xuíz de instrución nos tribunais de Bastia.

Entre 1838 e 1839 colaborou activamente co filólogo italiano Niccolò Tommaseo na investigación do vernáculo local.

Obra editar

 
Primeira estrofa do Sirinatu di Scappinu
  • Dei Principi delle Belle Lettere, Bastia, 1813 (II edizione 1843).
  • Dionomachia, Bastia, 1817.
  • Serenatu di Scappinu, in a Dionomachia: u prima testu litterariu in lingua corsa.
  • Poesie Giocose, Bastia, 1817.
  • Prose Giocose, Bastia è Parigi, 1828.
  • Prose serie, Bastia è Parigi, 1828.
  • Poesie serie, Bastia è Parigi, 1828.
  • Canzoni contadinesche in dialetto corso, Bastia
  • L'ultima vendetta, Bastia, 1837
  • Canti popolari corsi, Bastia, 1843.
  • La sposa d'Abido, saggio di versi italiani e di canti popolari corsi, Bastia e Bruxelles, 1843.
  • Dell'uso della lingua patria in Corsica (p. 25-37) in Archivio storico italiano
  • Novelle corse, Bastia è Trieste, 1846.
  • Sopra lo stile della versione poetica dell'Iliade di Melchiorre Cesarotti
  • Delle cagioni e degli effetti della moderna letteratura romanzesca, 1835
  • Canti popolari corsi, Fabiani, Bastia, 1855
  • Componimenti in versi e in prosa, Vieusseux, Firenze è Bastia, 1857
  • Dell'uso della lingua patria in Corsica, Vieusseux, Firenze, 1858 (sulla lingua italiana).
  • Dell'uso dei costumi corsi, Vieusseux, Firenze è Bastia, 1860.

Notas editar