Salto, Vimianzo

parroquia civil do concello de Vimianzo

Santa María de Salto é unha parroquia do concello de Vimianzo, provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela. Segundo o IGE en 2018 tiña 482 habitantes (244 mulleres e 238 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 671 habitantes.

Salto
Batáns do Mosquetín.
ConcelloVimianzo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°06′48″N 8°59′51″O / 43.11340714, -8.99742513Coordenadas: 43°06′48″N 8°59′51″O / 43.11340714, -8.99742513
Poboación490 hab. (2019)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Situación xeográfica editar

Está delimitada por Treos, Tines, Bamiro, Vimianzo e Calo e polo concello de Laxe, distando 3,2 km da capital do concello e sumando 840 habitantes en total. Divídese nos núcleos do Careixo, Castro, Castromil, A Costa, A Lagoa, O Mosquetín, Reboredo, Reparada, Salto, Santa Irena, Señoráns e Torelo.

Enclaves naturais editar

Cabe destacar o monte de San Bartolomeu, con 407 m de altitude e o paso dos ríos Castro e Grande do Porto.

Historia editar

Tomando como referencia os restos do poboado galaico de Castro e mámoas en Reparada, pódese asegurar que o poboamento das terras que conforman actualmente esta parroquia, -ao igual que as súas veciñas lindantes- remóntanse polo menos ao 2000 a.C.

Pero é despois da chegada do novo imperio cando se comeza unha organización e estrutura sólidas, tendo o seu enclave histórico máis importante na igrexa parroquial. Comezando coma unha nave sinxela e co típico arco de medio punto románico, foi evolucionando sen alterar ningún dos seus elementos orixinais. Por exemplo, a bóveda da sancristía e os capiteis das columnas son tipicamente renacentistas, así coma as diferentes imaxes de María Magdalena e Cristo mentres que a bóveda da capela maior responde a un estilo gótico. No 1789 foron engadidos dous retablos máis obra de Francisco Agudín, de estilo neoclásico e outros vestixios coma a Virxe do Rosario, de liñas barrocas. O derradeiro cambio produciuse no 1956, sendo definitivamente unha igrexa de cruz latina.

Sendo a igrexa a clave da cultura desta parroquia, o eixe da economía correspóndelle ós batáns do Mosquetín, documentados desde o catastro de Ensenada (1753). Estes muíños sitúanse á esquerda do río Grande e suman en total sete máis tres batáns. Recóllense en dous edificios sobre o río, sendo os muíños destinados á malla da fariña e os batáns para o liño e la. Durante séculos constituíu unha importante industria e os seus servizos eran demandados máis aló dos límites naturais de Soneira. Actualmente están sendo rehabilitados pola Deputación da Coruña co obxectivo de transformalos nun museo.

Ermidas editar

Ademais da igrexa principal existen numerosas ermidas distribuídas pola parroquia destacando a de San Bartolomeu no cumio deste monte e as da Virxe Peregrina, Santa Eirena e Santo Antonio.

Galería de imaxes editar

Lugares e parroquias editar

Lugares de Salto editar

Lugares da parroquia de Salto no concello de Vimianzo (A Coruña)

O Careixo | Castro | Castromil | A Costa | A Lagoa | O Mosquetín | Reboredo | Reparada | Salto | Santa Irena | Señoráns | Torelo

Parroquias de Vimianzo editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Vimianzo

Baíñas (Santo Antoíño) | Bamiro (San Amedio) | Berdoias (San Pedro) | Calo (San Xoán) | Cambeda (San Xoán) | Carantoña (San Martiño) | Carnés (San Cristovo) | Castrelo (San Martiño) | Cereixo (Santiago) | Salto (Santa María) | Serramo (San Sebastián) | Tines (Santa Baia) | Treos (San Miguel) | Vimianzo (San Vicenzo)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar