Non confundir coas Illas Salomón do Pacífico.
Atol Salomón
Atol
Datos
País Reino Unido
Illa principal Boddam
Linguas Inglés
Poboación (2009) Deshabitado
Superficie 3´5 km²
Superficie lagoa 36 km²
Nº de illas 11
Coordenadas 05°19′00″S 72°15′36″L / -5.31667, -72.26000
Maior Altura
Localización
Localización do atol

As Illas Salomón ou Atol Salomón[1] é un pequeno atol do Arquipélago Chagos, no Territorio Británico do Océano Índico.

Descrición editar

Atópase no nordeste do Arquipélago Chagos entre Blenheim Reef e Peros Banhos. As illas principais do grupo son a illa Boddam, o principal asentamento, cunha superficie de 1´08 km², e a illa do Inglés (0´82 km²), ambas, no bordo occidental do arrecife. Había pequenos asentamentos de chagosianos en Fouquet (0´45 km²) e as Illas Takamaka (0´48 km). A illa Pass ten de 0´28 km² de superficie, e a illa Mapou 0´04 km². Os illotes restantes son moito máis pequenos. A superficie total é duns 3´5 km².

Hai un paso na lagoa, chamado Salomón Bay, no lado norte, entre a illa do Inglés e a illa do Paso. As Illas Salomón son un dos lugares de ancoraxe favoritos para os regatistas itinerantes que atravesan as Chagos, malia que non hai amarres adecuados para iates e é necesario un permiso das autoridades do BIOT. Agora deshabitadas, as illas están invadidas pola selva, e baixo as árbores de coco é difícil atopar as pegadas dos antigos asentamentos.[2][3]

Historia editar

Este atol desenvolveuse na última metade do século 18 coa plantación de cocos polos traballadores de Illa de Francia (na actualidade Mauricio). Pouco se sabe das condicións dos traballadores que eran na súa maioría de orixe africana. Probablemente vivían en condicións preto da escravitude. A compañía que explotaba a plantación chamábase Chagos Agalega Company.

As Illas Salomón foron estudadas en 1837 polo Comandante Robert Moresby da Armada da India no HMS Benarés. O estudo de Moresby produciu o primeiro mapa detallado deste atol. O atol foi estudado de novo en 1905 polo comandante BT Sommerville no HMS Sealark, quen debuxou un mapa máis preciso. Algunhas das illas Salomón foron habitadas polos chagosianos, no momento en que o Goberno británico decidiu baleirar os habitantes locais das illas Chagos, soamente Boddam quedou habitada.

Os habitantes das Illas Salomón, que sumaban ao redor de 400, foron desaloxados forzosamente polos británicos e reasentados en Mauricio. A illa Boddam tiña un embarcadoiro, tendas, oficinas, unha escola, unha igrexa e unha casa onde vivía o administrador da plantación. Todos os edificios están agora ocultos pola espesa selva. Hai pozos en Boddam e as illas Takamaka.[4] Os navegantes poden recoller auga co fin de repoñer as súas subministracións.[5]

 
Igrexa abandonada na Illa Boddam, Salomón Islands

Illotes editar

Os illotes individuais do atol son, empezando no norte, cara á dereita:

  1. Illa de la Passe
  2. Illa Mapou
  3. Illa Takamaka
  4. Illa Fouquet
  5. Illa Sepulture
  6. Illa Jacobin
  7. Illa du Sel
  8. Illa Poule
  9. Illa Boddam
  10. Illa Diable
  11. Illa do Inglés

Referencias editar