O salmón é unha cor rosa alaranxada, de intensidade media, que se basea na coloración predominante da carne do salmón común (Salmo salar),[1] producida polo pigmento carotenoide astaxantina.

Rodelas de salmón escocés nun mercado de California.

Coordenadas aproximadas da cor editar

Triplete hexadecimal #F29175
RGB (r, g, b) (242, 145, 117)
CMYK (c, m, y, k) (0, 50, 50, 0)
HSV (h, s, v) (13°, 52 %, 95 %)

Trátase dunha cor estándar, encontrándose en catálogos e inventarios cromáticos. A denominación de cor «salmón» abrangue as coloracións semellantes á estándar, asalmoadas,[1] e por extensión as cores rosadas ocráceas.[2]

A cor salmón está incluída no acervo iconolingüístico tradicional das culturas costeiras do Atlántico Norte.[2]

Mostras de cores asalmoadas
   
HTML #EA977E #E68166
CMYK (0, 45, 45, 5) (0, 55, 55, 5)
RGB (234, 151, 126) (230, 129, 102)
HSV (14°, 46 %, 92 %) (13°, 56 %, 90 %)
Referencia [1] [1]

Usos editar

  • É unha cor moi popular, sobre todo nos tons máis claros, en decoración de interiores, por resultar cálida sen restar luminosidade ás estancias. Foi unha cor de moda durante os anos 1950.
  • En España, as publicacións de periodismo financeiro son chamadas «páxinas salmón» e «prensa salmón», xa que tradicionalmente están impresas en tons asalmoados. Este costume foi iniciado en 1893 polo xornal londiniense Financial Times.

Cores HTML editar

Light salmon (salmón claro), salmon (salmón) e dark salmon (salmón escuro) son tres das cores HTML establecidas por protocolos informáticos para o seu uso en páxinas web. En programación é posible invocalas polo seu nome, ademais de polos seus valores hexadecimais. Véxase cores HTML.

Light salmon Salmon Dark salmon
HTML #FFA07A #FA8072 #E9967A
RGB (255, 160, 122) (250, 128, 114) (233, 150, 122)
HSV (17°, 52 %, 100 %) (6°, 54 %, 98 %) (15°, 48 %, 91 %)
Protocolo X11 X11 X11

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gallego, Rosa; Sanz, Juan Carlos (2005). H. Blume, ed. Guía de coloraciones. Madrid. ISBN 84-89840-31-8. 
  2. 2,0 2,1 Gallego, Rosa; Sanz, Juan Carlos (2001). Akal, ed. Diccionario Akal del color. ISBN 978-84-460-1083-8.