O salitre[1] ou nitro[2] é unha mestura de nitrato de sodio (NaNO3) e nitrato de potasio (KNO3).

Oficina salitreira en Chile

Localización e características editar

Atópase naturalmente en grandes extensións de Suramérica, principalmente na rexión norte de Chile, con espesuras de até 3,6 metros. Aparece asociado a depósitos de xeso, cloruro sódico (NaCl), outros sales e area. Emprégase polo xeral na fabricación de ácidos (nítrico, sulfúrico) e nitrato de potasio; ademais é un axente oxidante e é usado en agricultura como fertilizante nitroxenado que pode substituír a urea polo seu alto contido en nitróxeno.

Outros usos son a fabricación de dinamita, explosivos, pirotecnia, medicina, fabricación de vidros, mistos, gases, sales de sodio, pigmentos, como conservante de alimentos, esmalte para fins artesanais etcétera.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salitre.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nitro.

 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.