Sabretooth (Victor Creed) é un personaxe de banda deseñada, un supervilán de Marvel Comics creado polo artista Chris Claremont e o artista John Byrne. O carácter apareceu por vez primeira en Iron Fist nº 14 (agosto de 1977).

Características editar

Sabretooth é un mutante que posúe habilidades sobrehumanas e animais, as máis importantes son un tempo de recuperación pequeno e sentidos moi agudos. É un asasino psicópata responsable de numerosas mortes xa sexa como mercenario como por pracer persoal. Primeiro apareceu como opoñente de Iron Fist e Luke Cage, despois pasou ó universo de Spider-Man e finalmente acabou como arquinimigo de Wolverine, os dous foran vítimas do programa Weapon X que pretendía crear supersoldados e a súa inimizade comezou cando Sabretooth matou a Silver Fox, amante de Wolverine. Sabretooth ve a Wolverine como un competidor e intenta facer a súa vida un inferno. Mentres Wolverine suprimiu as súas cualidades máis salvaxes, Sabretooth acentúaas.

Sabretooth apareceu en varias series de debuxos de X-Men e videoxogos. Interpretado por Tyler Mane apareceu no primeiro filme X-Men e en X-Men: The Official Game. Liev Schreiber interpretouno en X-Men Origins: Wolverine.