Signal Communication Orbit Relay Experiment

(Redirección desde «SCORE»)

Signal Communication Orbit Relay Experiment, tamén coñecido polo seu acrónimo SCORE, foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado en segredo o 18 de decembro de 1958 mediante un foguete Atlas B desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida. Só unha parte do equipo de lanzamento sabía que non se trataba dunha proba misilística senón da posta en órbita dun satélite.[2][3]

Signal Communication Orbit Relay Experiment / SCORE
TipoComunicacións / tecnolóxico
OrganizaciónUSAF
Data de lanzamento18 de decembro de 1958[1][2]
Foguete portadorAtlas B[2][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, LC-11[2][4]
Obxectivo da misiónProba de técnicas de comunicación mediante satélite.[2][4]
Decaemento21 de xaneiro de 1959[1]
NSSDC ID1958-006A
Masa70,0 kg[2][3][4]

Características editar

A misión de SCORE foi probar a factibilidade de usar satélites para comunicacións. A carga útil, de 70 kg de masa, consistía nun par de transmisores UHF alimentados por baterías cunha vida estimada de 21 días e acaroados á última etapa do foguete Atlas B co que foi lanzado. Cada transmisor constaba dun receptor de comandos, unha cinta grabadora con capacidade para catro minutos de son ou sete canais de teletipo. A bordo ademais ían un par de balizas para telemetría[2][3]

O satélite demostrou o concepto de comunicacións mediante satélite mediante "gardado e envío" polo cal a mensaxe se garda nun medio a bordo do satélite e é transmitido cando está ao alcance do destinatario. As baterías agotáronse aos 13 días de permanecer en órbita.[2][3]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SCORE" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "SCORE" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SCORE" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Mark Wade (2011). "Score" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2017.