SANAA

estudio de arquitectura xaponés

SANAA é un estudio de arquitectura xaponés creado no 1995 por Kazuyo Sejima e Ryue Nishizawa (Sejima + Nishizawa e Asociados). Acumulan numerosos premios, tales como o León de Ouro da Bienal de Venecia (2004), a Medalla conmemorativa Arnold Brunner da Academia americana das artes e das letras (2002), así coma o maior recoñecemento no eido da arquitectura, o premio Pritzker (2010). Aínda que nos seus comezos proxectaban bidimensionalmente, as súas últimas obras enfócanse máis tridimensionalmente.

SANAA
Tipoescritório de arquitetura
Data de fundación1995
Director/aKazuyo Sejima e Ryue Nishizawa
Traballos destacadosNew Museum, Rolex Learning Center e Kumanokodo Nakahechi Museum of Art
PremiosPremio Pritzker e Sir John Sulman Medal
SedeToquio
PaísXapón
Na rede
http://www.sanaa.co.jp/
editar datos en Wikidata ]
Escola de Deseño Zollverein, Essen.
Novo Museo de Arte Contemporánea de Nova York.
Centro Comunitario Rolex, Lausana.
Pavillón da Serpentine Gallery, Londres.

Posicionamento editar

Defínense como arquitectos que seguen unha única liña coherente e fixa, preocupándose pola relación interior/exterior. Conceptualmente preocúpanse por resolver adecuadamente un programa dentro dun edificio, inquietándolles como se moverán as persoas no seu interior e como a nova edificación vai afectar ao espazo exterior e viceversa.

Procesan admiración por Le Corbusier, Ludwig Mies van der Rohe e Oscar Niemeyer. Dos arquitectos aínda en vida, admiran a Frank Gehry, Rem Koolhaas e Álvaro Siza.

Obras editar

Premios editar

  • 1998. Premio do Instituto de Arquitectura do Xapón polo mellor Estudo Multimedia.
  • 2000. Premio de Arquitectura Erich Schelling, Karlsruhe, Alemaña.
  • 2002. Premio de Arquitectura Arnold W. Brunner, Academia Americana das Artes e as Letras, Nova York, EUA.
  • 2002. Premio de Arquitectura Vincenzo Scamozzi, Salzburgo, Austria.
  • 2004. León de Oro da Bienal de Venecia pola obra máis significativa da exposición Metamorph polo Museo de Arte Contemporánea do Século XXI en Kanazawa e Ampliación do Instituto Valenciano de Arte Moderna.
  • 2005. Premio das Artes na Categoría de Arquitectura do xornal Mainichi.
  • 2005. Premio Rolf Schock na Categoría de Artes Visuais, Suecia.
  • 2006. Premio do Instituto de Arquitectura do Xapón.
  • 2007. Premio Mario Pani na Cidade de México.
  • 2007. Premio das Artes de Berlín.
  • 2010. Premio Pritzker.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar