S/2003 J 4 é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2003.[1][2]

S/2003 J 4 ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 23,571 millóns de kms, tarda 739,294 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 147° con respecto á eclíptica (149° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,3003. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.

Notas editar

  1. IAUC 8087: Satellites of Jupiter{ 4 de marzo do 2003 (descubrimento)
  2. MPEC 2003-E11: S/2003 J 1, 2003 J 2, 2003 J 3, 2003 J 4, 2003 J 5, 2003 J 6, 2003 J 7 4 de marzo do 2003 (descubrimento e efemérides)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar