S/2003 J 19 é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos encabezado por Brett J. Gladman no ano 2003.[1][2]

S/2003 J 19 ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 22,709 millóns de kms, tarda 699,125 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 165° con respecto á eclíptica (164° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,1961. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Carme, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 23 a 24 millóns de kms, con inclinacións duns 165°.

Notas editar

  1. IAUC 8125: S/2003 J 19 and S/2003 J 20 Arquivado 01 de maio de 2006 en Wayback Machine. abril do 2003 (descubrimento)
  2. MPEC 2003-G64: S/2003 J 19 abril do 2003 (descubrimento e efemérides)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar