Síndrome de Asperger

trastorno do desenvolvemento que provoca dificultades na interacción social

A síndrome de Asperger é un trastorno xeneralizado do desenvolvemento que forma parte dos trastornos do espectro autista e que implica para quen o padece dificultades significativas na interacción social. O termo utilizouno por vez primeira Lorna Wing en 1981 en honra do pediatra e psiquiatra austríaco Hans Asperger. Recoñecido por primeira vez no Diagnostic and Statistical Manual of Mental Disorders na súa cuarta edición de 1994 (DSM-IV) afecta á vida social da persoa, as súas percepcións sensoriais e tamén á súa motricidade caracterizándose pola dificultade de interacción social, a falta de empatía, a interpretación literal da linguaxe, dificultade cos cambios, repetición de comportamentos estereotipados pero a diferenza do autismo clásico non comporta ningún atraso no desenvolvemento cognitivo ou da linguaxe do individuo.

Síndrome de Asperger
Clasificación e recursos externos
Amontoar repetitivamente obxectos uns sobre outros asóciase coa síndrome de Asperger.
ICD-10F84.5
ICD-9299.80
OMIM608638
DiseasesDB31268
MedlinePlus001549
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Desde 2007, o 18 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Síndrome de Asperger [1].

Notas editar

  1. "Día Internacional del Síndrome de Asperger" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2022. Consultado o 30.11.2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar