Sánscrito (fonoloxía)

A importancia relixiosa desta disciplina editar

Nota : o sánscrito cítase na súa transcrición tradicional (en itálica), así como na transcrición fonolóxica (entre barras oblicuas) ou fonética (entre parénteses cadrados), ambas as dúas no alfabeto fonético internacional.

A fonoloxía do sánscrito é especialmente ben coñecida, grazas especialmente arâce, Pāṇini e os seus comentaristas , que practicaron unha descrición fonolóxica e fonética detallada da lingua (é de remarcar que a descrición dos fonemas que dela propón Pāṇini no seu Aṣṭadhāyī é puramente fonolóxica; non está interesado na fonética articulatoria, (disciplina tratada porén noutros textos, sobre todo relixiosos), e, doutra banda, no respecto relixioso da prononciación dos textos sacros, así como nas escrituras empregadas para os notar: a cultura india é ante todo oral; o son posúe nela un valor importante aos ollos dos indios, e os textos relixiosos non son unha excepción; a fórmula eficaz, primeiro senso de brahman, que pasa deseguido a designar o Principio supremo do hinduísmo, só pode selo se é correctamente pronunciada. Un feixe de textos relixiosos explican a importancia dunha pronunciación exacta e as consecuencias desagradábeis que un erro de dición pode provocar na recitación dunha pregaria, dunha fórmula. Igualmente, pronunciar correctamente unha fórmula é asegurarse de que ha funcionar: un ser animado de malvadas atencións (como un demo) pode dese xeito obter poderes máxicos por medio de fórmulas eficaces. Por isto a ensinanza dos catro Veda, puramente oral, se fai de maneira sistemática pola aprendizaxe de frases enteiras, logo sílaba a sílaba e logo por inversións de sílabas segundo un conxunto de permutacións cada vez máis complexa; ademais, a aprendizaxe dos Veda permaneceu moito tempo como algo exotérico e reservado á casta dos brāhmaṇa (brahmáns); ó podían seren recitados ante outros brāhmaṇa ou kṣatriya, membros da segunda casta, a dos guerreiros-aristócratas. Deste xeito, xa antes do estudo fonolóxico de Pāṇini, os sacerdotes estudaban de preto a fonética da lingua sagrada; O estudo dos textos revelados (os chamados co vocábulo smr̥ti, « revelación ») facíase segundo seis aproximacións ou vedāṅga, « membros dos Veda », entre os cales a aproximación fonética, śikṣā, fixo xurdir unha importante literatura analítica, que é designada co nome de Prātiśākhya. (A título título indicativo, as outras aproximacións son: a métrica, chanda, a gramática, vyākaraṇa, a etimoloxía, nirukta, as cerimonias, kalpa, e a astronomía, jyotiṣa.)

É tamén destacábel que un deus, Śiva, sexa considerado o creador dos fonemas sánscritos e que se teña polo tanto desenvolvido unha mística do fonema, que atribúe a cada un un senso profundo así como un poder preciso; é nesa mística na que se basean os mantra. De feito, unha importancia tal outorgada aos sons da lingua sagrada ten exercido unha grande influencia na escritura: aínda que foron por moito tempo reticentes a notar os seus textos sagrados (as primeiras tentativas sitúanse tras a Idade Media occidental e os primeiros textos sagrados imprentados no século XIX, os indios crearon moitos alfasilabarios, todos herdeiros dun mesmo modelo, o brāhmī, que notaba os textos cunha grande precisión.

Características principais da fonoloxía sánscrita editar

O sánscrito conservou integramente - é a única lingua indoeuropea que o fixo - as consoantes aspiradas sonoras do indoeuropeo e enriqueceu o stock dispoñíbel con novas ordes, como as retroflexas ou cacuminais, as xordas aspiradas e outras fricativas fóra do *s indoeuropeo. As vogais puras do indoeuropeo (e dicir *e e *o) son afectadas globalmente por un fenómeno de neutralización: mentres que a cantidade vocálica (vogais breves - longas) se conserva, os timbres *e e *o confundíronse en /a/ (sen dúbida realizado [ɐ]). Os ditongos con primeiro elemento breve monotongaron (*ei e *oi dan /ai/ e logo /eː/ mentres que *eu e *ou se converten en /au/ e logo en /oː/). Os ditongos con primeiro elemento longo convértense en ditongos simples: *ēi e *ōi dan /ai/, *ēu e *ōu cámbianse en /au/. O sánscrito gardou as líquidas vocalizadas do indoeuropeo, é dicir *r e *l vogais, que permaneceron /r̥/ e /l̥/. Finalmente, a oposición entre os dous fonemas indoeuropeos *r e *l neutralízase en beneficio de /r/.

Ao final, o sistema fonolóxico é o seguinte:

Vogais (varṇa, akṣara ou svara) editar

Vogais simples
(samāṣnākṣara)
  « Ditongos »
  breves
(hrasva)
  longas
(dīrgha)
  « falsos »
(saṣndhyakṣara)
  « verdadeiros »
(samāhāravarṇa)
velares
(kaṇṭhya)
a /a/ ā /aː/ palato-velares
(kaṇthatālavya)
e /eː/ ai /ai/
palatais
(tālavya)
i /i/ ī /iː/ palato-labiais
(kaṇṭhoṣṭhya)
o /oː/ au /au/
retroflexas
(mūrdhanyha)
/r̩/ r̥̄ /r̩ː/ Primeira columna: transcrición tradicional, segunda: Alfabeto fonético internacional; para máis detalles sobre a transcrición latina empregada, consultar o artigo devanágari. Os puntos de articulación indicados, en itálica, son os que a gramática tradicional atribúe ás vogais, que se poñen en relación coas consoantes. Os termos danse a título indicativo: poden variar dun autor a outro.
dentais
(dantya)
/l̩/ l̥̄ /l̩ː/
labiais
(oṣṭhya)
u /u/ ū /uː/

Notas editar

  1. de todas estas vogais só /a/ e a súa variante longa son consideradas como verdadeiros fonemas vocálicos; /e/, /ai/, /o/ e /au/ son os « ditongos » (ver 2); i, u, r̥, l̥ e a súa variante longa son a forma vocálica das consoantes /y/, /v/, /r/ e /l/, chamadas « sonantes » (consoantes que poden desempeñar o papel de vogais ou de consoantes segundo o contorno; dise tamén, de maneira menos rigorosa, « semi-vogais »), ante outra consoante ou en final de palabra;
  2. a gramática tradicional considera que /e/ e /o/ son ditongoes. Isto é verdade desde o punto de vista histórico (en efecto, os textos hititas que citan algúns termos indoarios transmítennos un termo aika, « un », con ditongo que pasa a eka en sánscrito) ou fonoloxicamente; de feito, estes fonemas realízanse como monotongos longos, saídos respectivamente de /ai/ e /au/; igualmente, si /ai/ e /au/ saen de /āi/ e /āu/, pronúncianse como ditongos con primeiro elemento breve;
  3. /r̥/ e /l̥/ (que poden tamén seren longos) eran ao principio pronunciados como un /r/ e un /l/ vogais, parecido ao seu equivalente inglés bottle = [bɒtl̩] ou o croata črn = [ʧr̩n]. Hoxe, a pronunciación máis habitual é /ri/ e /li/ cun /i/ moi breve, ou sexa [rĭ] e [lĭ]; esta pronunciación confírmase ademais nalgúns manuscritos, nos que /ri/ ou /li/ substitúen /r̥/ e /l̥/. Destas dúas vogais, só /r̥/ é frecuente, /l̥/ só está testemuñado na raiz kl̥p- « convir »; /r̥̄/ é moi raro (só aparece por vontade de simetría racional na flexión nominal) e /l̥̄/ non está testemuñado;
  4. todas as vogais poden seren nasalizadas, con nasalización completa ou non; en teoría empréganse dous símbolos diferentes en sánscrito para marcar estes dous tipos de nasalizacións, transcritos por ṃ subsecuente (anusvāra, « tras a vogal »; este símbolo nota tamén unha consoante nasal; ver máis abaixo) para a nasalización incompleta (é dicir unha vogal nasalizada e seguida dunha nasal, como ás veces na pronunciación meridional do francés, onde long pode valer lɔ̃ŋ] e année ser realizado [ɑ̃ne]) e por subsecuente (anunāsika, « co nariz ») para a nasalización completa (como en francés na pronunciación parisiense, onde long vale [lɔ̃]). Na práctica estes dous tipos de nasalización confúndense frecuentemente, o que tende a mostrar que a distinción é artificial, e transcríbese case sempre a nasalización por medio da anusvāra. O símbolo do anusvāra serve tamén para indicar a presenza dunha consoante nasal ante outra consoante, considérase que non marca a nasalización das vogais máis que ante as sonantes /l/, /r/, /v/ e /y/ así como ante as fricativas (/s/, /ś/, /ṣ/ et /h/). Ademais, representa unha consoante nasal plena cuxo punto de articulación se corresponde coa consoante seguinte: así, aṃr ou iṃs equivalen respectivamente a [ãŋr] et [ĩŋs] mentres que aṃb e iṃd son realizadas [amb] e [ind] (ver devanágari para os detalles sobre a notación por medio do anusvāra). En fin de palabra, o anusvāra representa simplemente un /m/; ao final, saṃskr̥taṃ lese [sãŋskr̩tam] ou, máis comunmente [sãŋskrĭtam];
  5. o sánscrito tal e como o pronuncian os indios está a miúdo influenciado pola súa propia lingua materna. Así, un locutor de hindī terá tendencia a centralizar os /a/ breves como [ɐ] mentres que un locutor de bangālī pronunciaraos como [ɔ]. Igualmente, as oposicións de cantidade do sánscrito se realizan ás veces polos falantes de linguas neoindias como oposicións de cualidade (vogais longas tensas, vogais breves laxas, como en inglés, alemán ou holandés; así, en hindī, /ī/ se realiza [i] e /i/ soa [ɪ]; igualmente: /ū/ ~ [u] = [u] ~ [ʊ]). Algunhas descricións fonéticas antigas, porén, fan pensar claramente que /a/ se realizaba simplemente como unha vogal neutra [ǝ] ou [ɐ], o que coincide coa orixe do fonema sánscrito /a/: provén en efecto da neutralización das vogais do indoeuropeo *e e *o. Así é probábel que en sánscrito, tal e como antes se pronunciaba, as oposicións de cantidade só atinxían á cantidade; a este respecto, hai que saber que o termo para « vogal simple », breve ou longa, é samānākṣara, ou sexa « fonema homoxéneo », que hai que entender: « fonema que non cambia de timbre », por oposición aos ditongos, sandhyakṣara, « fonema de ligazón » (verdadeiros e falsos ditongos poden ademais seren designados por este único termo), é dicir: « fonema que fai intervir un segundo timbre ligado ao primeiro ». É probábel que haxa que entender tamén que as vogais breves e longas son samānākṣara porque o timbre permanece idéntico independentemente da cantidade. En conclusión, de todas as vogais, só os fonemas /a/ e /ā/ parecen, desde a Antigüidade, teren coñecido unha oposición de cantidade e de cualidade: /a/ ~ /ā/ = [ɐ] ~ [aː].

Acentuación editar

Como o indoeuropeo, o sánscrito orixinal usaba un acento de altura e non un acento tónico. Tal foi tamén o caso en latín, grego, lituano e letón, polo menos nas linguas indoeuropeas para as que é posíbel restituír o acento. O acento védico permitía opoñer pares mínimos: así súkr̥ta, « ben feito » ~ sukr̥tá, « beneficio » (o acento nótase xeralmente por un til agudo sobre a vogal tónica). Non todas as palabras estaban necesariamente acentuadas (o verbo, por exemplo, é a miúdo átono; todo depende de feito do seu modo, o seu tempo e a súa situación na frase).

Este acento, notado con precisión nos textos védicos antigos, parece haber desaparecido na época de Patañjali; é de remarcar ademais que as linguas neoindias, coa excepción do pañjābī, non gardaron pegada ningunha dun acento tal, e non desenvolveron acento tónico (mentres que o latín, o grego e as linguas bálticas transformaron, ao se vulgarizaren, o seu acento). En pañjābī, porén, o desenvolvemento dos tons é secundario: estes non veñen sen dúbida do sánscrito e son probabelmente máis recentes.

O acento de altura debía consistir simplemente nunha elevación da voz sobre unha das sílabas da palabra. Pāṇini describe en detalle un sistema do que non se pode asegurar que corresponde ao das orixes, utilizando tres rexistros e modulacións; xa non se corresponde sempre aos utilizados hoxe, que son moi variábeis e dependen dos textos recitados así como das escolas de recitación. Cómpre tamén saber que non todas as recitacións dos Veda son entoadas.

Nocións fundamentais editar

  • a sílaba tónica é chamada udātta (« elevada »); márcase en transición por un til agudo e pronúnciase nun rexistro alto; Os outros tonemas dedúcense do udātta;
  • as sílabas átonas chámanse anudātta (« non elevada ») e pronúncianse nun rexistro medio; a transcrición non as nota; o anudātta non se marca;
  • a sílaba que segue á udātta, chámase svarita (« resoante »); modúlase alto→medio; a transcrición marca a sílaba svarita por un acento grave.

Explicacións detalladas editar

Para o funcionamento completo da acentuación védica segundo Pāṇini consultar o artigo « acentuación védica ».

Consoantes editar

Como xa se dixo, o sánscrito preservou as oclusivas sonoras aspiradas do indoeuropeo. Innovou porén pola creación de silbantes orixinais: que poden provir, entre outras posibilidades, das antigas oclusivas palatais, sendo o sánscrito unha lingua ''satem''. Doutra banda, probabelmente ao contacto do adstrato dravídico débese a aparición no sistema fonolóxico dunha orde completa de retroflexas.

Mentres que as vogais non están realmente clasificadas nunha serie precisa, as consoantes si que o están; esta disposición, ben diferente do sistema levantino, é fonolóxica: as consoantes clasifícanse por ordes, primeiro os fonemas emitidos desde o fondo da gorxa ata aqueles que precisan da acción dos labios, remontando así ao longo da cavidade bucal. Dentro de cada orde, as consoantes seguen unha mesma disposición: oclusiva xorda, xorda aspirada, sonora, sonora aspirada, nasal. Esta clasificación india de orixe sánscrita impúxose ás diversas escrituras de Asia meridional e do sueste, chegando mesmo a linguas sen relación de filiación co sánscrito. Atópase, mutatis mutandis, na dos silabarios kana xaponeses.