Rupicaprinos
Rupicaprini

Rebezo cantábrico Rupicapra pyrenaica parva
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Familia: Bovidae
Subfamilia: Caprinae
Tribo: Rupicaprini
Simpson, 1945 [1]
Xéneros
Véxase o texto

A dos rupicaprinos (Rupicaprini) é unha tribo de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos e subfamilia dos caprinos.

Cabra das Montañas Rochosas (Oreamnos americanus).
Coral de cola longa (Nemorhaedus caudatus).
Serau de Sumatra (Capricornis sumatraensis).

Trátase de animais moi áxiles, de aspecto intermedio ao das cabras verdadeiras (tribo dos Caprini), pola forma do seu corpo, e dos antílopes (subfamilia dos Antilopinae), polas súas patas longas —ao que deben o seu nome en ingléa, goat antelopes— que vive nas altas montañas do sur de Europa, Asia e na parte occidental de América do Norte.

Clasificación editar

A subfailia foi descrita en 1945 polo zoólogo e paleontólogo estadounidense George Gaylord Simpson,[1] e está constituída polos seguintes catro xéneros:[2]

Porén, hai que facer notar que moitos autores agrupan estes xéneros na subfamilia dos caprinos, e outros, en cambio, como Cabrera, elevan o grupo á categoría de subfamilia: Rupicaprinae.[3]

Características editar

Ancestrais bóvidos prosperaban en pasteiros durante o plioceno hai 7 millóns de anos (MA). Os rupicaprinos apareceron no plistoceno e distribuíronse por todo o continente eurasiático.

Porén, os camiños evolutivos das especies hoxe viventes son difíciles de rastrexar debido a que os rexistros fósiles nas montañas son escasos. De todos os xeitos, de estudos taxonómicos das especies da tribo Rupicaprini centrados no cranio e a pel, dedúcese que os xéneros Rupicapra, Oreamnos, Capricornis e Nemorhaedus son o suficientemente similares como para agrupalos nunha tribo separada (da dos Caprini). Ademais das afinidades morfolóxicas, comparacións xenéticas das especies actuais de Capricornis tamén confirman as poboacións ancestrais da liñaxe destes.[2]

Os rupicaprinos son animais que están moi ben adaptados á vida en terreos empinados, rochosos e, ademais, toleran ben o frío. Os machos son do mesmo tamaño ou lixeiramente máis grandes que as femias. Ambos os sexos teñen cornos de cor parda escura, curtos, curvados cara a atrás, en forma de gancho. Estas armas son eficientemente utilizadas nas pelexas entre os machos dominates e tamén contra os depredadores.[2]

As distintas especies difiren no tamaño, na cor da pelaxe, a configuración dos cornos e na situación e uso das glándulas odoríferas. O goral ten as glándulas preorbitais moi pequenas, os rebezos e a cabra das Montañas Rochosas, esta de pelaxe totalmente branca, teñen dúas grandes glándulas supraoccipitais e os seraus (xénero Capricornis), moi similares aos gorais, pero máis grandes, habitan xeralmente a máis baixas altitudes, son máis lentos e menos áxiles que os seus parentes do xénero Naemorhedus, porén son capaces de escalar pendentes para escapar dos depredadores ou buscar refuxio durante os invernos fríos ou os veráns calorosose, e a diferenza destes últimos, usan as súas glándulas preorbitais para marcar o seu territorio.[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Simpson, George Gaylord (1945); "The principles of classification and a classification of mammals". Bulletin of the American Museum of Natural History 85: 1–350.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Hiroaki Soma, Hidemi Kada and Kunio Matayoshi (1987): "Evolutionary pathways of karyotypes of the tribe Rupicaprini" en The Biology and Management of Capricornis and Related Mountain Antelopes. Springler Metherlands. ISBN 978-94-011-8042-0, pp. 62-71.
  3. Cabrera, Ángel (1914): Fauna ibérica. Mamíferos Madrid: Museo Nacional de Ciencias Naturales.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cabrera, Ángel (1914): Fauna Ibérica. Mamíferos Madrid: Museo Nacional de Ciencias Naturales. (Facsímile electrónico).
  • Dolan, J, M. (1963): "Beitrag zuz Systematischen Gliederung des Tribes Pupricaprini Simpson 1945". Z. Zool. Syst. Evolutionsforsch ung 1 (3-4): 311-407. Akademische Verlagsgesellschaft, Frankfurt/Main.
  • Geist, V. (1983): "On the evolution of ice age mammals and its significance to an understanding of speciations" ASB Bulletin 303: 109-133.
  • Groves, Colin & Peter Grubb (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, EE. UU.; The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.

Outros artigos editar