Rudolf Christoph Eucken

filósofo alemán
(Redirección desde «Rudolf Eucken»)

Rudolf Christoph Eucken, nado en Aurich o 5 de xaneiro de 1846 e finado en Jena o 15 de setembro de 1926, foi un filósofo alemán, premio Nobel de Literatura en 1908.

Infotaula de personaRudolf Christoph Eucken
Nome orixinal(de) Rudolf Eucken Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Rudolf Christoph Eucken Editar o valor em Wikidata
5 de xaneiro de 1846
Aurich, Prusia
Morte15 de setembro de 1926
Jena, Turinxia, Alemaña
Lugar de sepulturaAurich Stadtfriedhof (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rector of the University of Jena (en) Traducir
outubro de 1898 – abril de 1899
Rector of the University of Jena (en) Traducir
outubro de 1886 – abril de 1887
Rector of the University of Jena (en) Traducir
outubro de 1879 – abril de 1880 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia
Imperio Alemán
República de Weimar Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Director de teseFriedrich Adolf Trendelenburg (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Jena Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario , escritor , prosista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena
Universidade Harvard
Universidade de Basilea Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosMaria Bezobrazova (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMaria Bezobrazova (en) Traducir, Walter Mechler (en) Traducir, Adolf Meyer (en) Traducir e Eberhard Boerma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIrene Eucken (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosWalter Eucken (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Nobel de Literatura en 1908
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Discogs: 2816694 WikiTree: Eucken-1 Find a Grave: 171869108 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou nas universidades de Gotinga e Berlín. Logo de traballar cinco anos como mestre nunha escola, en 1871 foi nomeado profesor de filosofía da Universidade de Basilea (Suíza), onde permaneceu ata 1874, ano en que foi nomeado profesor da Universidade de Jena (Alemaña), lugar no que permanecería ata a súa xubilación en 1920. En 1911 explicou filosofía en Inglaterra e entre 1912 e 1913 na Universidade Harvard.[Cómpre referencia]

Na súa doutrina mostrouse idealista: a alma do seu sistema foi a vida espiritual, cuxa manifestación absoluta é Dívos. O individuo alcanza a vida espiritual polo vencemento das forzas opoñentes do mal e revive o pasado no presente, tomando libremente daquel todo o que pode serlle útil na loita. Eucken chamou «activismo ético» a esta vida espiritual activa, non contemplativa.

Xunto con William James, Henri Bergson e outros pensadores do seu tempo, declarou a guerra ao «intelectualismo». A súa filosofía foi unha interpretación da vida como un todo, en que a relixión desempeña un papel predominante, aínda que nunca menosprezou o traballo intelectual e lóxico.

Obras editar

Foi un escritor prolífico. Entre as súas obras máis coñecidas atópanse:

  • Die Methode der Aristotelischen Forschung (1872) (O método da investigación aristotélica)
  • Die Lebensanschauungen der grosser Denker (1890) (O problema da vida humana visto polos grandes pensadores)
  • Der Kampf um einen geistigen Lebensinhalt (1896) (Loita polo contido espiritual da vida)
  • Der Wahrheitsgehalt der Religion (1901) (A verdade da relixión)
  • Grundlinien einer neuen Lebensanschauung (1907) (Liñas fundamentais dunha nova concepción da vida)
  • Der Sinn und Wert des Lebens (1908) (Sentido e valor da vida)
  • Geistesleben (1909) (A vida do espírito)
  • Können wir noch Christen sein? (1911) (Podemos ser cristiáns aínda?).
  • Present Day Ethics in their Relation to the Spiritual Life (1913) (A ética actual en relación coa vida espiritual)
  • Der Sozialismus und seine Lebensgestaltung (1920) (Socialismo: unha análise)