Rubén Millán

piragüista galego


Rubén Millán Rodríguez, nado en Tomiño o 16 de febreiro de 1992, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.

Infotaula de personaRubén Millán

Rubén Millán xunto a Gabriel Campo no podio do Europeo de Moscova, en 2016
Nome orixinalRubén Millán Rodríguez
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1992
Tomiño
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeportista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeportePiragüismo
Participou en
20182018 ICF Canoe Sprint World Championships (en) Traducir
20182018 Canoe Sprint European Championships (en) Traducir
20162016 Canoe Sprint European Championships (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 2013 participou no Campionato Europeo de Piragüismo en Augas Tranquilas celebrado en Montemor-o-Velho, na categoría K-2 500 metros, formando parella co ourensán Gabriel Campo e rematando en sexta posición.[1] Ao ano seguinte competiu no Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas, en Moscova, xunto ao tudense Diego Piña Esteves e obtendo tamén un sexto posto.[2] En 2015, con Gabriel Campo, participou no seu segundo mundial, en Milán, esta vez no K-2 1000 metros, rematando en novena posición.[3]

En 2016 no Campionato de Europa en Moscova, participou en dúas categorías do K-2, 500 e 1000 metros, obtendo unha prata na primeira e un quinto posto na segunda, ambas con Gabriel Campo como compañeiro.[4] Ao ano seguinte cambiou ao K-1 5000 metros, quedando ás portas das medallas no Europeo celebrado na cidade búlgara de Plovdiv, cun cuarto posto.[5] Ese mesmo ano competiu en dúas categorías do Mundial da República Checa: K-1 5000 metros e K-4 1000 metros (con Óscar Carrera, Javier Cabañín e Javier Hernanz). Obtivo un quinto e un cuarto posto respectivamente.[6]

En xuño de 2018 conseguiu un bronce no Campionato de Europa, en Belgrado, no K-4 1000, xunto a Javier Hernanz, Aitor Gorrotxategi e Pelayo Roza.[7][8] Pouco despois, en agosto, logrou a súa primeira medalla mundial, no campionato celebrado en Montemor-o-Velho, ao finalizar terceiro na proba de K-4 1000 metros, xunto a Francisco Cubelos, Iñigo Peña e Pelayo Roza.[9][10]

Palmarés internacional editar

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2018 Montemor-o-Velho (  Portugal)   Bronce K4 1000 m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2016 Moscova (  Rusia)   Prata K2 500 m
2018 Belgrado (  Serbia)   Bronce K4 1000 m

Notas editar

  1. "Resultados de Montemor 2013". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  2. "Resultados de Moscova 2014". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  3. "Resultados de Moscova 2014". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  4. "Resultados de Moscova 2016". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  5. "Resultados de Plovdiv 2017". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  6. "Resultados de Račice 2017". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  7. "Resultados de Belgrado 2018". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  8. "Bronce para Siero, Vallejo y Millán en el Europeo de Belgrado" (en castelán). 10 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2019. Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  9. "Resultados de Montemor 2018". www.canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 6 de novembro de 2019. 
  10. "Rubén Millán se cuelga el bronce en el Mundial de piragüismo de Portugal". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 2018. Consultado o 6 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar