Rubén García Fernández
promotor cultural galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rubén García.
Rubén García Fernández, nado en Ribadavia en 1951 e finado na mesma vila o 21 de outubro de 2008, foi un promotor cultural galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 Ribadavia, España |
Morte | 21 de outubro de 2008 (56/57 anos) Ribadavia, España |
Causa da morte | Esclerose lateral amiotrófica |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
En 1973 foi un dos promotores da Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, que se considera o punto de partida do teatro contemporáneo en Galicia, e onde naceu o grupo Abrente de dramaturgos. Posteriormente foi o director da súa continuación, a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, dende 1984 e tamén de varias edicións da Feira do Teatro de Galicia.
Recibiu o premio María Casares de honra pola súa traxectoria de apoio ao teatro.
Faleceu como consecuencia dunha esclerose lateral amiotrófica[1].
Notas editar
- ↑ "Falece Rubén García, director da Mostra de Teatro de Ribadavia" Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Galicia Hoxe, 22 de outubro de 2008.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "García Fernández, Rubén". Dicionario biográfico de Galicia II. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 140.