Royce White

baloncestista estadounidense

Royce Alexander White, nado en Minneapolis (Minnesota) o 10 de abril de 1991, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Royce White
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 10 de abril de 1991 (33 anos)
Minneapolis, Minnesota
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 118 kg (260 lb)
Información da carreira
Instituto DeLaSalle (Minneapolis, Minnesota)
Hopkins (Minnetonka, Minnesota)
Universidade Minnesota (2009–2010)
Iowa State (2011–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 1 / Elección: 16
Por Houston Rockets
Carreira 2012–2018
Historial de equipos
Rio Grande Valley Vipers (2012–2013)
Sacramento Kings (2014)
Reno Bighorns (2014)
London Lightning (2016–2018)

Traxectoria universitaria editar

White comezou a súa etapa universitaria en Minnesota, pero algúns incidentes no ano 2009 fixeron que o botasen do equipo do baloncesto na tempada 2009-10, e posteriormente deixaría a Universidade de Minnesota. Despois disto, trasladouse a Iowa State. Na tempada 2011-12, liderou ós Cyclones en puntos, rebotes, asistencias, roubos e tapóns, e foi o único xogador na División I en liderar ó seu equipo nas cinco estatísticas. Ó remate da tempada, foi incluído no primeiro equipo All-Big 12 e no Big 12 All Rookie Team.

Traxectoria profesional editar

O 28 de xuño de 2012, White foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Houston Rockets.[1]

O 13 de xullo de 2013, White foi traspasado ós Philadelphia 76ers xunto a Furkan Aldemir, para que os Rockets puideran facer óco salarial para poder fichar a Dwight Howard.[2] O 25 de outubro de 2013, foi cortado polos Sixers.[3]

Notas editar

  1. "Hornets select Anthony Davis". ESPN. 2012-06-29. Consultado o 2012-06-30. 
  2. "Sixers Acquire Rights to 21-year-old Center/Forward Furkan Aldemir of Turkey". NBA.com. 2013-07-13. Consultado o 2013-07-16. 
  3. "Roster Transaction (10/25/2013)". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 25 de outubro de 2013. Consultado o 26 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar