Rosenborg Ishockeyklubb

O Rosenborg Ishockeyklubb ou Rosenborg IHK é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Trondheim, Noruega. Actualmente xoga na máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués, a GET-ligaen. Xoga os seus partidos como local no Leangen Ishall, un pavillón con capacidade para 3.311 espectadores.

Rosenborg IHK
Fundación1934
Cidade Trondheim,
Sør-Trøndelag
Noruega
EstadioLeangen Ishall
(3.311 espectadores)
LigaGET-ligaen
Director Jørund Gullikstad
Adestrador Barry Martinelli
CoresNegro e branco
           
Na rede
http://www.rihk.no/

Historia editar

O Rosenborg IHK foi fundado en 1934 como sección de hóckey sobre xeo do Rosenborg BK. En 1991 mudou a súa denominación (Rosenborg BK Ishockey) para a actual (Rosenborg IHK). En marzo de 2010, o Rosenborg IHK ascendeu á GET-ligaen (máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués), onde compite dende aquela. O Rosenborg finalizou segundo na fase de grupos do play-off por detrás do Frisk Tigers para lograr este ascenso. Os Kongsvinger Knights e o Grüner foron 3º e 4º respectívamente no grupo, permanecendo na Primeira División para a seguinte tempada.

A causa do lockout de 2012 na NHL, Jack Skille dos Florida Panthers fichou polo RIHK. Skille non recibiu ningún salario do Rosenborg e foi o primeiro xogador da NHL en marchar a Noruega durante o lockout.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Lillealtern, Randi (11 October 2012). "Jack Skille fra NHL til Rosenborg" (en noruegués). Norwegian Broadcasting Corporation. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar