Roseanne é unha comedia de situación estadounidense que emitiu a ABC entre 1988 e 1997 protagonizada por Roseanne Barr e John Goodman.[1]. A serie chegou ao número un dos índices Nielsen converténdose no programa de televisión máis visto nos Estados Unidos de 1989 a 1990, permanecendo entre os catro primeirios durante seis das súas nove tempadas e entre os vinte primeiros en oito. A serie recibiu varios premios Emmy. En Galicia emitiuna a Televisión de Galicia.

Roseanne
FormatoComedia de situación
Creado porRoseanne Barr
Matt Williams
Desenvolvido porCarsey-Werner
America's Dairyland
IntérpretesRoseanne Barr
John Goodman
Laurie Metcalf
Sara Gilbert
Michael Fishman
Lecy Goranson
Sarah Chalke
Johnny Galecki
Natalie West
Glenn Quinn
Estelle Parsons
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Episodios222
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Roseanne Barr
Marcy Carsey
Tom Werner
Duración22 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeABC
Primeira emisión18 de outubro de 1988
Derradeira emisión21 de maio de 1997
Na rede
http://abc.go.com/shows/roseanne/
IMDB: tt0094540 Allocine: 357 Metacritic: tv/roseanne TV.com: shows/roseanne
Twitter: roseanneonabc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Desenvolvemento editar

A serie tiña como protagonistas aos Conner que vivía na ficticia cidade de Landford, eles representaban unha típica familia da clase media norteamericana e nela fundíase a comicidade e o drama, tratando temas importantes como a homosexualidade, o feminismo, a obesidade ou a pobreza.

Notas editar

  1. Jeffreys, Daniel (17 de febreiro de 1997). "Roseanne Barr the lottery loser of all time". The Independent (London). Consultado o 12 de novembro de 2010.