Rosa Ramalho
Rosa Ramalho OSE, de solteira, Rosa Barbosa Lopes, nada en São Martinho de Galegos (Barcelos) o 14 de agosto de 1888 e finada en decembro de 1977 foi unha oleira portuguesa.
Retrato de Rosa Ramalho. | |
Nome orixinal | (pt) Rosa Barbosa Lopes |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de agosto de 1888 São Martinho de Galegos, Portugal |
Morte | decembro de 1977 São Martinho de Galegos, Portugal |
Datos persoais | |
Outros nomes | Rosa Ramalho |
País de nacionalidade | Portugal Reino de Portugal |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Ocupación | ceramista , escultora |
Xénero artístico | Escultura |
Lingua | Portugués |
Premios |
Traxectoria editar
Filla dun zapateiro e dunha tecedeira, casou aos 18 anos cun oleiro e tivo sete fillos. Aprendeu a traballar o barro desde moi nova, pero interrompeu a actividade durante case 50 anos para coidar da familia. Soamente despois da morte do seu marido, e xa con 68 anos de idade, retomou o traballo co barro e comezou a crear as figuras que a tornaron famosa. As súas pezas á vez dramáticas e fantasiosas, denotando unha imaxinación prodixiosa, distinguíanse doutros barristas e oleiros e proporcionaran-lle unha fama que superou fronteiras.
O descubrimento de Rosa Ramalho por parte da crítica artística e a súa divulgación nos medios "cultos" débese ao pintor António Cadros. Foi a primeira barrista a ser coñecida individualmente polo seu nome e tivo o recoñecemento, entre outros, da Presidencia da República, que o 9 de xuño de 1980 lle atribuíu o grao de Dama da Orde de Sant'Iago da Espada. En 1968 tíñalle sido tamén entregado a medalla "As Artes ao Servizo da Nación".
Sobre a artista hai un libro de Mário Cláudio (Rosa, de 1988, integrado na Triloxía da man) e unha curtametraxe documental de Nuno Paulo Bouça (Á volta de Rosa Ramalho, de 1996). No presente dá nome a unha rúa da cidade de Barcelos e a unha escola EB 2,3 da parroquia de Barcelinhos. Hai tamén a posibilidade de que se veña a transformar a súa antiga taller, en São Martinho de Galegos, nun museo de olería co seu nome.
O seu traballo foi continuado pola súa neta Júlia Ramalho.