Rosa Díez

política española

Rosa Díez González, nada en Sodupe, Güeñes (Biscaia) o 27 de maio de 1952, é unha política de orixe vasca. Foi deputada do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) no Parlamento Europeo, dende 1999 ata o 30 de agosto de 2007, cando abandonou o PSOE e deixou a súa acta de eurodeputada para fundar o novo partido Unión Progreso y Democracia (UPyD).

Infotaula de personaRosa Díez

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Güeñes, España Editar o valor em Wikidata
Q73779642 Traducir
15 de decembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016
Deputada de España
29 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
25 de marzo de 2008 – 13 de decembro de 2011

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Porte-parole d'Union, progrès et démocratie (en) Traducir
16 de setembro de 2007 – 12 de xullo de 2015 – Andrés Herzog (pt) Traducir →
Eurodeputada
20 de xullo de 2004 – 28 de agosto de 2007 (renúncia (pt) Traducir)

Circunscrición electoral: España

Eurodeputada
20 de xullo de 1999 – 19 de xullo de 2004

Circunscrición electoral: España

Deputado do Parlamento do País Vasco
25 de novembro de 1998 – 6 de xullo de 1999
Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
25 de novembro de 1998 – 6 de xullo de 1999

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 28 de febreiro de 1995
Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 28 de febreiro de 1995

Circunscrición electoral: Biscaia
Q106641976 Traducir
4 de outubro de 1991 – 3 de xullo de 1998 – Belen Greaves (en) Traducir →
Deputado do Parlamento do País Vasco
18 de decembro de 1990 – 30 de agosto de 1994

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
18 de decembro de 1990 – 30 de agosto de 1994
Circunscrición electoral: Biscaia

Q73755205 Traducir
20 de xuño de 1987 – 15 de xuño de 1991
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xaneiro de 1987 – 3 de setembro de 1990
Circunscrición electoral: Biscaia

Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xaneiro de 1987 – 18 de decembro de 1990

Circunscrición electoral: Áraba
Q73759438 Traducir
24 de maio de 1983 – 15 de abril de 1987
Q125288983 Traducir
2 de abril de 1982 – 10 de marzo de 1983
Q73755540 Traducir
3 de maio de 1979 – 10 de marzo de 1983 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas
Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora (2006–), política (1977–), funcionaria pública (1973–2016) Editar o valor em Wikidata
EmpregadorDun & Bradstreet (en) Traducir (1970–1973) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión, Progreso y Democracia (2007–2016)
Partido Socialista Obrero Español (1977–2007) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Ignacio Fernández de Ochoa (en) Traducir (1974–) Editar o valor em Wikidata
PaisHeraclio Díez Rozas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e María González Pérez (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Facebook: Rosa.Diez.Gonzalez Twitter: rosadiezglez LinkedIn: rosadiez Dialnet: 1391352 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla dun obreiro cántabro de ideoloxía socialista, preso e condenado a morte durante a ditadura franquista,[1] aínda que a súa pena foi finalmente perdoada.

Estudou para administrativa e traballou como funcionaria na Administración do Estado. Tras seis anos como conselleira de Turismo do Goberno Vasco era unha das dirixentes do PSE - EE con maior popularidade. Tamén foi parlamentaria no Parlamento Vasco antes de ser elixida europarlamentaria en 1999. No Congreso do seu partido do ano 2000, tralas eleccións xerais nas que o PP obtivo maioría absoluta, Rosa Díez competiu contra José Luis Rodríguez Zapatero, José Bono e Matilde Fernández pola Secretaría Xeral do PSOE.

Conselleira do Goberno Vasco editar

Foi conselleira de Comercio, Consumo e Turismo do Goberno Vasco baixo a presidencia de José Antonio Ardanza, do Partido Nacionalista Vasco, entre o 4 de outubro de 1991 e o 3 de febreiro de 1998. Igualmente, foi deputada no Parlamento Vasco, o que aumentou a súa visibilidade social.

En 1998 presentouse ás eleccións primarias do PSE-EE para elixir candidato a lehendakari, que gañou Nicolás Redondo Terreros.

Eurodeputada editar

Desde o ano 1999 ata o 2007 foi europarlamentaria. Na votación da proposta a favor do proceso de paz con ETA defendido polo Grupo dos Socialistas Europeos[2] abstívose.

Mantivo friccións coa dirección do Partido Socialista de Euskadi e o PSOE en relación coa postura de diálogo do goberno español e vasco co contorno de ETA[3].

Abandono do PSOE editar

En agosto de 2007, trala creación uns meses atrás da Plataforma Pro, unha plataforma nacida no seo de ¡Basta Ya!, anunciou a súa saída das filas do PSOE[4] para integrarse na devandita plataforma (onde se atopan tamén outros personaxes da vida pública como Fernando Savater ou Carlos Martínez Gorriarán), cos que máis tarde colaboraría para crear un novo partido político español, Unión Progreso y Democracia, da cal é voceira e secretaria xeral. Cómpre sinalar que unha vez fóra do PSOE estivo un tempo participando activamente en actos da asociación Ciutadans de Catalunya.[5]

Perfil político editar

Desde sectores da esquerda e centro-esquerda, critícase o seu discurso contra a identidade vasca, galega e catalá e o seu posicionamento público e hostil en favor do españolismo[6][7], o cal é visto por estes sectores coma unha pugna electoral coa ala máis extrema do Partido Popular[8].

Foi membro da plataforma política ¡Basta Ya!. En Galicia prestou o apoio do seu partido e o seu persoal para a campaña da asociación Galicia Bilingüe contra o proceso de normalización da lingua galega[9][10][11].

Polémicas editar

Foi acusada numerosas veces de autoritarismo por ex-militantes do seu propio partido.[1][12][13][14] Foi duramente criticada polas declaracións feitas a Iñaki Gabilondo onde dixo que "Zapatero podería ser galego, no sentido más pexorativo do termo".[15] Sobre Rajoy respondeu cun "é galego".[16] Antes, en outubro de 2009, empregara semellantes verbas ó se referir a Alberto Núñez Feijóo.[17] Os tres partidos políticos galegos con representación parlamentaria, como tamén o sector cultural galego[18], pediron publicamente unha rectificación da voceira de UPyD e condenaron as palabras xenófobas contra o pobo galego[19]. Perante a clamor social, Díez pediu da xente "que teña sentido de humor para aceptar unha afirmación que xa tiña dito outras veces"[20]. Un día despois de dicir isto, o gabinete de prensa de UPD respondeu así: Ofenderse por isto é unha mostra de intolerancia, complexo de inferioridade ou perturbación nacionalista.[21]

A pesar de ter militado no nacionalismo unionista de UPyD, no ano 1999 (cando aínda militaba no PSOE) fixo unhas declaracións que logo lle foron recriminadas polos seus adversarios políticos: "Se a maioría de vascos quixera a independencia a democracia adaptaríase.[22] Ténselle recriminado non falar éuscaro, cando creceu e viviu a meirande parte da súa vida no País Vasco,[23] así como a súa relación con partidos extremistas: o partido da ultradereita española Falange Auténtica ofreceulle ir nas súas listas no ano 2006[24] e o histórico falanxista Ynestrillas apoiou a UPyD varias veces chegando a dicir que era un "sopro de aire fresco".[25]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Rosa Díez y el ego que se agigantó tras 36 años en cargos políticos" (en castelán). 26 de marzo de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2019. 
  2. "Rosa Díez no votará la resolución socialista, a pesar de que desde su partido "algunos" apunten a su expulsión". www.levante-emv.com (en castelán). Consultado o 2020-04-16. 
  3. Rosa Díez ya ha sido invitada por el PSE a abandonar el partido por "coincidir con el PP", en Libertad Digital.
  4. Rosa Díez deja el PSOE por «incompatibilidad» con sus «valores» Nova no xornal español ABC
  5. "Ciutadans de Catalunya". web.archive.org. 2007-09-28. Archived from the original on 28 de setembro de 2007. Consultado o 2019-02-04. 
  6. Non nos interesa a identidade dos galegos Nova aparecida en Vieiros en setembro de 2008
  7. Rosa Díez chama batasuno a Montilla por ir contra a constitución española Arquivado 19 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. Nova aparecida en Intereconomía en xaneiro de 2010
  8. Rosa Díez dispútalle ao PP o electorado radical[Ligazón morta] Nova aparecida en Xornal o 1 de febreiro de 2009
  9. Inédita manifestación contra o galego Nova aparecida en Vieiros o 8 de febreiro de 2009.
  10. UPDe parte da cúpula do PP prestan o seu apopio á manifestación de GB Arquivado 12 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. Nova no diario Galicia-Hoxe
  11. UPD e PP únense a GB nunha marcha ateigada de incidentes[Ligazón morta] Nova aparecida en Xornal de Galicia o 9 de febreiro de 2009
  12. "Un centenar de críticos de UPyD abandonan el partido". www.publico.es. Consultado o 2019-02-04. 
  13. http://www.tercerainformacion.es/spip.php?article67649
  14. "“UPyD es un cortijo que Rosa Díez explota con sus amiguetes en Madrid”". El Plural (en castelán). Consultado o 2019-02-04. 
  15. upydmedia. "ENTREVISTA DE IÑAKI GABILONDO A ROSA DÍEZ PARTE 3". Consultado o 2019-02-04. 
  16. El País dixital, 25/02/10
  17. Rosa Díez: “Feijóo es muy gallego, en el sentido peyorativo de la palabra” Arquivado 04 de marzo de 2010 en Wayback Machine., Xornal.com.
  18. O sector cultural galego reproba as palabras de Rosa Díez Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Nova aparecida no diario Galicia-Hoxe en febreiro de 2010
  19. Los partidos gallegos exigen a Rosa Díez que rectifique por usar el término «gallego» de forma peyorativa Nova aparecida en La Voz de Galicia o 24 de febreiro de 2010 (en castelán)
  20. Clamor contra Rosa Díez por utilizar «gallego» para descalificar a Zapatero Nova de La Voz de Galicia en febreiro de 2010 (en castelán)
  21. Respuesta de UPyD Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Nova recollida en La Voz de Galicia. (en castelán)
  22. "Rosa Díez, en 1999:". La Vanguardia. 2014-02-22. Consultado o 2019-02-04. 
  23. "Charla íntegra con Rosa Díez". cuatro (en castelán). 2014-10-05. Consultado o 2019-02-04. 
  24. "Aquí sí tienes sitio, Rosa". www.falange-autentica.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2014. Consultado o 2019-02-04. 
  25. "Ynestrillas vuelve a hacer campaña por Rosa Díez: "UPyD es un soplo de aire fresco"". El Plural (en castelán). Consultado o 2019-02-04. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar