Roquefort-sur-Soulzon

Roquefort-sur-Soulzon (en occitano Ròcafòrt) é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento de Aveyron, na rexión de Mediodía-Pireneos.

Modelo:Xeografía políticaRoquefort-sur-Soulzon
Imaxe

Nomeado en referencia aSoulzon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°58′36″N 2°59′20″L / 43.9767, 2.9889Coordenadas: 43°58′36″N 2°59′20″L / 43.9767, 2.9889
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsOccitania
DepartamentoAveyron Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación528 (2021) Editar o valor em Wikidata (31 hab./km²)
Xeografía
Superficie17,03 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude630 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal12250 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Esta pequena vila dá nome ao famoso queixo roquefort, elaborado nas covas próximas e principal motor económico da poboación, tanto pola súa produción como pola súa atracción de turistas.

Xeografía editar

A vila atópase ancorada no Macizo Central francés, no bordo do altiplano de Larzac, onde se poden atopar as covas nas que se elabora o queixo. O apelido da vila vén do pequeno río Soulzon, que atravesa o seu termo municipal.

Historia editar

Hai miles de anos, unha parte do cantil de Cambalou derrubouse, formándose así unha rede de covas con correntes de ar que fan que se renove constantemente, tendo unha humidade e unha temperatura constante durante todo o ano. Estas covas serviron de refuxio para os pastores de ovellas da zona, que construíron as súas casas nas zonas próximas.

As condicións das covas son propicias para a proliferación do fungo Penicillium roqueforti, responsábel da fermentación do queixo, polo que dende tempos moi antigos foi producido. Sábese que na antiga Roma xa coñecían o queixo roquefort.[1]

No século XV o rei Carlos VI converteu as covas e a localidade de Roquefort en apelación de orixe, sendo a primeira constancia deste tipo de regulacións. A apelación de orixe actual data de 1925.

Notas editar

  1. Roquefort, el rey de los quesos. www.emblematiquecot.com.ar.