Roque de Montpellier

santo cristián, avogado dos enfermos de peste e dos peregrinos

Roque de Montpellier, nado segundo a tradición en Montpellier cara a 1348 (antigamente críase que cara a 1295) e finado en Voghera (Italia) o 15 ou 16 de agosto de 1376 ou 1379 (antigamente críase que en Montpellier en 1327), foi un peregrino francés que se dirixiu a Roma.

Infotaula de personaRoque de Montpellier
Biografía
Nacemento1295 Editar o valor em Wikidata
Montpellier (Coroa de Aragón) Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 1327 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Montpellier Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaOccitano antigo Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaTerceira orde de San Francisco Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa16 de agosto Editar o valor em Wikidata
Patrón dePeste e peregrino Editar o valor em Wikidata
San Roque no Mosteiro da Armenteira
Retablo e tumba de San Roque en Venecia.

Percorreu a Península Itálica curando infectados pola peste, e faleceu querido coma un santo. A súa devoción estendeuse rapidamente a partir do século XV. Desde Venecia propagouse o culto cara ao mundo xermánico e os Países Baixos. En 1477, por mor doutra epidemia de peste, fundouse en Venecia unha confraría baixo a súa advocación (Confraternità o Scuole di San Rocco), dedicada á hospedaxe de enfermos de peste. Esta agrupación fomentou a devoción ao santo construíndo capelas e máis centros de acollida por toda Italia. Unha das igrexas máis coñecidas dedicadas a este santo está en París, preto do museo do Louvre, ordenada edificar por Lois XIV en 1563. Actualmente a súa devoción esténdese por toda Europa e Latinoamérica.

O santoral da Igrexa Católica celebra o seu día o 16 de agosto. Santo protector ante a peste e epidemias, a súa intervención foi solicitada polos habitantes de moitas aldeas que, logo de desaparecer o mal, recoñecían a intervención do santo, polo que era nomeado santo patrón da localidade.

Represéntase vestido de peregrino (con bordón e cabaza), cunha ferida na perna e acompañado dun can que o auxiliaba. É patrón dos peregrinos, dos cans, dos contaxiados por epidemias (especialmente a peste e o cólera), dos falsamente acusados, dos inválidos e dos cirurxiáns.

Tradicións de culto editar

É o patrón de moitas parroquias galegas.

En Betanzos celébranse a romaría dos Caneiros, e o día 16, nas festas de San Roque de Betanzos, lánzase o globo de papel máis grande do mundo, elaborado artesanalmente pola familia Pita e veciños da vila.

É o copatrón da cidade de Santiago de Compostela dende 1517, ano en que por mor dunha epidemia de peste a cidade encomendouse ao santo coa promesa de que se os libraba o farian patrón da cidade. Dende ese ano todos os 16 de agosto a Corporación Municipal renova o Voto da Cidade.

Tamén se celebra, entre outros lugares, no barrio de San Roque de Vigo e en Carballedo (Cerdedo-Cotobade).

En Llanes é Festa de Interese Turístico Nacional, celebrándose unha gran procesión coa imaxe do Santo e un Festival Folclórico co baile do Pericote, así coma o Encontro Rexional de Gaiteiros.

Galería de imaxes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brugada, M.: San Roque. Editorial Centro de Pastoral Litúrgica, Barcelona 2000, Colección Santos y Santas n. 44.