Roque Barcia Ferraces

comerciante e político galego

Roque Barcia Ferraces de la Cueva, nado en Piñeiro (Cora, A Estrada) o 31 de decembro de 1776[1] e finado en Madrid en 1838, foi un comerciante e político galego.

Infotaula de personaRoque Barcia Ferraces
Biografía
Nacemento(es) Roque Antonio de Jesús de Barcia Ferraces de la Cueva Editar o valor em Wikidata
31 de decembro de 1776 Editar o valor em Wikidata
Piñeiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte1838 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaConservacionismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRoque Barcia Martí Editar o valor em Wikidata


Traxectoria editar

Fillo de Nicolás Juan José Francisco de Barcia Fernández de Ávila (1732-1816) e de Rosa Ferraces Pastor Torrado. Foi funcionario da administración de rendas e aduanas. En 1800 estableceuse en Isla Cristina (provincia de Huelva), onde desde 1809 foi escribán público

De ideoloxía liberal, durante o trienio liberal (1820-1823) desenvolveu unha intensa actividade política en Madrid[2]. Solicitou a prohibición das artes de pesca de arrastre non controladas e introducidas por cataláns e valencianos nas costas de Huelva[3], e pediu que a capital da provincia de Huelva pasase a ser Ayamonte.

Tras a restauración absolutista exiliouse en Portugal. Nunha solicitude presentada á alcaldía de La Redondela en 1829 definíase como comerciante de viños. En 1834 regresou a Madrid, onde residiu até o seu falecemento.

Vida persoal editar

Casou con Teresa Martí Duboy, de Isla Cristina, e tiveron seis fillos e fillas: Filomena, Joaquina (falecida cun ano de idade), Nicolás (falecido cun ano de idade), Hermenegilda, Amparo (finada cun ano de idade) e Roque Barcia Martí.

Obras editar

  • Pequeña memoria de grandes desaciertos sobre la Pesca, Madrid: Imp. de Eusebio Álvarez, 1822.
  • Memoria sobre el establecimiento de Capital de una nueva provincia en la Bética : como será mas rica la nueva Provincia, estableciendose su capital en Huelva, en Moguer, en Valverde del Camino ó en Ayamonte. Madrid, 1822

Notas editar

  1. Bértolo Ballesteros, J. M.; Ferro Pego, L. (2010). "La «Casa de Barcia» en San Miguel de Cora (A Estrada)" (PDF). A Estrada. Miscelánea histórica e cultural (13): 191–138. 
  2. García Moscardó, E. (2016). "Democracia, república y federación. Una aproximación al proyecto federal de Roque Barcia Martí". Espacio, tiempo y Forma (28): 23-44. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2019. Consultado o 21 de abril de 2020. 
  3. Campos Carrasco, J. M. (2017). El patrimonio histórico y cultural en el paraje natural Marismas del Odiel: un enfoque diacrónico y transdisciplinar. Huelva: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Huelva. p. 379. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carmona, Antonio; Caballero, Pablo (2011): Recuerdo de una memoria olvidada. Roque Bárcia Ediciones.