Ronseltz foi un grupo poético formado na Coruña entre 1984 e 1985[1] por Xoán C. Rodríguez, Manuel Cortés, Miguel A. Montes (Miki Nervio), Serxio Iglesias e Xabier Cordal. O colectivo foi abandonando toda actividade nos inicios da década dos noventa. En 1994 Edicións Positivas publicaría Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, única obra do grupo, reeditada en 2014.[2]

Ronseltz
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Nos inicios participaron tamén o artista plástico XAMS[3], Roberto Salgueiro e Júrgio Valinhas. Ronseltz deuse a coñecer mediante recitais en varios puntos dentro e fóra de Galicia e publicou tres revistas[4] co mesmo nome entre 1985 e 1987. A súa posta en escena oscilaba entre o humor posmoderno e a provocación punk.[5] Coa palabra como referente case único, Ronseltz utilizaba ocasionalmente, non sen ironía, referencias á vangarda[6] e medios propios da performance.

Algunhas revistas, como O Mono da Tinta, Luzes de Galiza ou A Trabe de Ouro, incluíron textos de Ronseltz. Porén, a publicación de Unicornio de cenorias... supuxo, co grupo xa desaparecido, a difusión nacional do seu papel na revitalización da poesía dos 80, ancorada maioritariamente en fórmulas rituais[7] e contido neodecadentista. Así foi recoñecido por poetas de xeracións posteriores[8][9][10][11].

Todos os membros do grupo continuaron en solitario actividades literarias, artísticas e musicais.

Publicacións editar

Notas editar

  1. culturagalega.org (2006-11-23). "Ronseltz: A revolución en verso". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2020-07-14. 
  2. C.V. "Ronseltz volve cabalgar vinte anos despois". Nós Diario (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-14. 
  3. Barrientos, Ignacio (domingo, junio 07, 2009). "La Oficina Plástica: XAMS El Maldito nos Habla del Futuro". La Oficina Plástica. Consultado o 2020-07-14. 
  4. "As vangardas: RONSELTZ: Vangardas nos 90". As vangardas. Consultado o 2020-07-14. 
  5. Vilavedra, Dolores (1997). Diccionario da literatura galega: publicacións periódicas. Galaxia. ISBN 978-84-8288-137-9. 
  6. auladelingua (2011-05-07). "RONSELTZ". Aula de Literatura. Consultado o 2020-07-14. 
  7. VV.AA. (1998). Anuario de Estudios Literarios Galegos -1997. Galaxia. ISBN 978-84-8288-214-7. 
  8. Gallego, Grupo El Correo. "María Lado:". www.galiciahoxe.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-14. 
  9. "Entre as silvas e as ortigas: algunhas reflexións sobre a poesía última en Galiza" (PDF). http://www.poesiagalega.org. Consultado o 14-07-2020.  Ligazón externa en |páxina-web= (Axuda)
  10. Nicolás, Ramón (2014-05-12). "Cuestionario Proust: O Leo". Caderno da crítica. Consultado o 2020-07-14. 
  11. "Colectivo Ronseltz | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2020-07-14.