Ronny Turiaf

baloncestista francés

Ronny Turiaf, nado en Le Robert (Martinica) o 13 de xaneiro de 1983, é un xogador profesional francés de baloncesto profesional que é axente libre.

Ronny Turiaf
Axente libre
Posición Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 13 de xaneiro de 1983 (41 anos)
Le Robert, Martinica
Nacionalidade Francia
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto George Washington, Denver
Universidade Gonzaga (2001–2005)
NBA Draft 2005 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por Los Angeles Lakers
Carreira dende 2006
Historial de equipos
Yakama Sun Kings (2006)
Los Angeles Lakers (2005-2008)
Golden State Warriors (2008–2010)
New York Knicks (2010-2011)
ASVEL Lyon-Villeurbanne (2011)
Washington Wizards (2011-2012)
Miami Heat (2012)
Los Angeles Clippers (2012-2013)
Minnesota Timberwolves (2013-2014)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2012)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Turiaf foi elixido no Draft da NBA de 2005 polos Los Angeles Lakers na 37ª posición, onde xogou ata o ano 2008. Despois pasou dúas tempadas nos Golden State Warriors.

O 9 de xullo de 2010, foi traspasado aos New York Knicks xunto a Anthony Randolph, Kelenna Azubuike e unha futura elección de segunda rolda do Draft a cambio de David Lee.[1]

Durante o lockout da NBA, asinou polo ASVEL Lyon-Villeurbanne da LNB.[2]

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Denver Nuggets, nun traspaso a tres bandas entre os Nuggets, os Los Angeles Clippers e os Washington Wizards. Foi cortado uns días máis tarde.[3]

O 21 de marzo de 2012, asinou cos Miami Heat ata final de tempada.[4] O 21 de xuño de 2012, Turiaf gañou o seu primeiro campionato da NBA cos Heat.

O 27 de xullo de 2012, Turiaf fichou polos Los Angeles Clippers.[5]

O 18 de xullo de 2013, Turiaf asinou cos Minnesota Timberwolves.[6]

O 19 de decembro de 2014, Turiaf foi traspasado ós Philadelphia 76ers nun traspaso entre tres equipos que tamén incluíu ós Timberwolves e ós Houston Rockets.[7] Catro días máis tarde, foi cortado polos Sixers.[8]

Notas editar

  1. "Knicks Acquire Randolph, Azubuike & Turiaf". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 9 de xullo de 2010. Consultado o 9 de xullo de 2010. 
  2. "ASVEL officially announces Ronny Turiaf". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2011. Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  3. Nuggets waive Turiaf
  4. "Heat get big-man help, sign center Turiaf". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2012. Consultado o 22 de marzo de 2012. 
  5. "Clippers sign free agent Ronny Turiaf". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 27 de xullo de 2012. Consultado o 5 de agosto de 2012. 
  6. "Wolves sign free-agent center Turiaf to two-year deal". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2016. Consultado o 07 de outubro de 2013. 
  7. Sixers Acquire 2015 Second-round Pick, Ronny Turiaf, And Rights To Sergei Lishouk
  8. Sixers Sign Free Agent Malcolm Thomas

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar