Ronald Syme, nado en Eltham, Nova Zelandia, o 11 de marzo de 1903 e finado o 4 de setembro de 1989, foi un historiador da Roma antiga, un dos máis eminentes do século XX.

Infotaula de personaRonald Syme

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1903 Editar o valor em Wikidata
Eltham, Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Morte4 de setembro de 1989 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido
Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Auckland
Oriel College (en) Traducir
Universidade Vitoria de Wellington Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos clásicos Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , erudito clásico , profesor universitario , tradutor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
Universidade de Istambul (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosFergus Millar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Syme estudou francés e literatura nas Universidades de Auckland e Wellington. En 1925 partiu para Inglaterra, estudou no Oriel College de Oxford entre 1925 e 1927. En 1929 convértese en titor do Trinity College, ata 1949. Publicou The Roman Revolution, centrado no ascenso de Octaviano e a instauración como Augusto, en 1939, que o converteu nunha autoridade mundial recoñecida. Durante a segunda guerra mundial, Syme foi catedrático de filoloxía clásica en Istambul, entre 1942 e 1945. En 1949 foi nomeado profesor de Historia Antiga no Brasenose College, de Oxford, cargo que ocupou ata 1970. Desde 1976 ata 1989 foi catedrático de Historia Antiga na Royal Academy of Arts.

Obras editar

Unha das súas primeiras obras foi The Spanish War of Augustus (26-25 B. C.) publicada en 1934 en The American Journal of Philology sobre a campaña de Augusto no noroeste da Península Ibérica. A obra pola que se lle recorda, The Roman Revolution (1939), foi unha análise, maxistral e controvertida ao tempo, da vida política romana no período que seguiu ao asasinato de Xulio César. Inspirado no ascenso dos réximes fascista e nazi en Italia e Alemaña e seguindo o estilo e o pesimismo de Tácito, Syme devolvía a historia ás fontes antigas, mostrándonos un Augusto feroz, astuto, demagogo e hábil que restaurou a orde pública restaurando a República como pretexto para compoñer unha monarquía baseada nas relacións persoais e na ambición das familias políticas romanas, todo isto por medio dunha historia narrativa baseada nun fondo coñecemento das fontes antigas.

En 1958 saíu do prelo a súa biografía sobre Tácito, Tacitus, en dous volumes, constituíu un fito historiográfico, aínda o máis completo estudo desta figura, cun exhaustivo tratamento do contexto histórico e político. En 1964 seguiulle a biografía de Salustio, Sallust. Dedicou catro libros á Historia Augusta, unha colección de biografías dos emperadores desde Adrián ata Carino.

Véxase tamén editar