Ron Regé Jr.
ilustrador e músico estadounidense
Ronald J. Regé Jr., nado en Quincy (Massachusetts)[1] o 5 de decembro de 1969, é un ilustrador e músico estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1969 (54 anos) Quincy, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Massachusetts College of Art and Design (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Revista em quadrinhos (pt) |
Ocupación | autor de cómics , músico |
Instrumento | Batería |
Traxectoria editar
Regé comezou a publicar os seus propios minicómics mentres estudaba no Massachusetts College of Art. Desde entón publicou en Highwater Books, Fantagraphics Books, Buenaventura Press, McSweeney's e Drawn & Quarterly. A súa obra apareceu no New York Times, Vice Magazine, National Post do Canadá, e en anuncios para Nike, Sony, HP e Tylenol.[2]
Toca a batería no grupo californiano Lavender Diamond.[3]
Obra editar
- The Dum Dum Posse Reader (Nib Comics, 1995)
- Skibber Bee~Bye (Highwater Books, 2000; reeditado en 2006 por Drawn & Quarterly. Traducido ao castelán e francés)
- The Awake Field (Drawn & Quarterly, 2006)
- Against Pain (Drawn & Quarterly, 2008)
- The Cartoon Utopia (Fantagraphics, 2012)
Notas editar
- ↑ Dan Nadel (7 de febreiro de 2011). "Alchemy, Comics, and Ron Regé, Jr". The Comics Journal (en inglés).
- ↑ "Ron Regé at What Things Do". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2016. Consultado o 16 de agosto de 2019.
- ↑ Lavender Diamond on Matador Records.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ron Regé Jr. |
- Ron Regé's blog
- Author page for Drawn & Quarterly Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Comiclopedia
- Discombobulated Ventriloquist
- Jay Babcock (7 de xaneiro de 2013). "Cartoon Utopian: An Interview with Ron Rege Jr.". The Comics Journal.