Romaría das Cruces

cerimonia relixiosa celebrada na Ponte (Arante, Ribadeo) o luns de pentecoste

Coordenadas: 43°29′48″N 7°8′36″O / 43.49667, -7.14333

A romaría das Cruces é unha cerimonia relixiosa que se celebra na Ponte (Arante, Ribadeo) cada ano o luns de pentecoste (luns da semana anterior a Corpus Christi, sete semanas despois de Semana Santa).[1]

Romaría das Cruces. Acto principal co saúdo dos pendóns.
Momento da procesión das Cruces 2010
Momento da procesión das Cruces 2010
Momento da procesión das Cruces
Momento da procesión das Cruces

Historia e características editar

 
Momento da Romaría das Cruces en 2008

Conmemora unha escaramuza contra os franceses en tempos da invasión napoleónica. O 29 de xaneiro de 1809 os veciños das parroquias da zona loitaron contra os franceses capitaneados polo xeneral Fournier[2] baixo a protección de Nosa Señora das Virtudes. Nun primeiro momento a batalla librábana os veciños de Covelas, Cedofeita, Arante, Sante, Vidal e A Valboa, pero ante a proximidade da derrota un emisario buscou axuda entre os veciños de Ove. A súa chegada foi providencial e os veciños derrotaron os invasores. Dende ese momento o luns de Pentecoste celebrase a romaría neste pequeno pobo. Nela dánse cita sete pendóns doutros tantos lugares da zona (parroquias de Ribadeo -Covelas, Cedofeita, Arante e Ove- e Trabada -Sante, Vidal e A Valboa-), que renden obediencia ante o pendón principal, o mesmo que as cruces que os acompañan. O acto principal vese completado co bandeo do pendón da Ponte, seguido duna procesión arredor da igrexa da Virxe das Virtudes.

Os actos inícianse ó mediodía, coa chegada da procesión das diversas parroquias coas respectivas cruces e pendóns, uníndose na ponte sobre o río Grande. Pasan pola entrada da ermida e logo á parte posterior do santuario. Alí saúdanse as delegacións, coa inclinación mutua dos pendóns e cruces. despois do cal celébrase unha procesión arredor do santuario tras da que hai o ritual dos pendóns e cruces, co bandeo do pendón principal.[3]

En decembro de 2018 a romaría foi declarada festa de interese turístico de Galicia polo Consello de Turismo de Galicia.[4]

Notas editar

  1. Concello de Ribadeo (30 de maio de 2017). "Romaxe das Cruces". 
  2. Piñeiroa Lozano, Emilio (2018). Nosa Señora das Virtudes. Secretaría Xeral de Política LingÚística. Xunta de Galicia. ISBN 978-84-17094-29-4. 
  3. Piñeiroa Lozano, Emilio (2005). Nosa Señora das Virtudes da Ponte. Cadernos de investigación do IES Dionisio Gamallo Fierros 6. IES Dionisio Gamallo Fierros. 
  4. "Romaría das Cruces - Novas. Concello de Ribadeo". ribadeo.gal. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-20.