Romanización revisada do coreano

sistema de romanización do coreano, oficial en Corea do Sur

A romanización revisada do coreano (hangul: 국어의 로마자 표기법, hanja revisada: gugeoui romaja pyogibeop, McCune-Reischauer: kukŏŭi romacha p'yokipŏp) é o sistema de romanización oficial de Corea do Sur. Este sistema foi publicado polas autoridades surcoreanas no ano 2000, como substituto ao anterior sistema oficial (baseado na romanización McCune-Reischauer). O novo sistema é similar ao usado antes de 1984, salvo que o anterior non representaba fielmente a variación da pronunciación dalgunhas consoantes segundo a súa posición na palabra. A romanización revisada usa exclusivamente símbolos alfabéticos (sen acentos ou tiles) a excepción do guión, cuxo uso adoita ser opcional e pouco frecuente. Foi desenvolvida pola Academia Nacional do idioma Coreano en 1995, e foi publicada o 4 de xullo de 2000 polo ministerio de Cultura e Turismo de Corea. Entre as razóns achegadas para a adopción dun novo sistema sen signos diacríticos atópanse as seguintes:[1]

  • Ao utilizar unicamente letras e símbolos latinos, é máis viable o seu uso en ordenadores, mentres que o uso de apóstrofos e acentos breves do sistema McCune-Reischauer pode resultar problemático ou incómodo no ámbito da informática.
  • Proporciona unha romanización consistente por parte de falantes nativos coreanos, xa que reflicte mellor algunhas características importantes do idioma.
  • Evita as confusións resultantes da tendencia a omitir os apóstrofos e signos diacríticos.
  • Posibilita o rexistro de nomes de dominio de Internet en coreano, nos que só é posible utilizar caracteres ASCII planos.

Características editar

Algunhas características notables da romanización revisada son:

  • As sílabas hangul 어 e 으 romanízanse como dígrafos formados por dúas vogais: eo e eu, respectivamente (en lugar de utilizar ŏ e ŭ como no sistema McCune-Reischauer).
  • ㅝ romanízase como wo e ㅢ como ui.
  • A diferenza do sistema McCune-Reischauer, as consoantes aspiradas (ㅋ, ㅌ, ㅍ, ㅊ) non se marcan con apóstrofos, se non que se romanizan como k, t, p e ch respectivamente. As consoantes non aspiradas correspondentes (ㄱ, ㄷ, ㅂ, ㅈ) romanízanse con letras que en inglés son consoantes sonoras: g, d, b e j.
  • ㅅ sempre se romaniza como s se precede a unha vogal ou unha semivogal, nunca como sh agás cando se está transliterando.
  • ㄹ equivale a r cando precede a unha vogal ou semivogal, e a l no resto dos casos: 리을 → rieul, 철원 → Cheorwon, 울릉도 → Ulleungdo, 발해 → Balhae. Ao igual que no sistema McCune-Reischauer, ㄴ romanízase como l cando é pronunciada coma unha consoante lateral en lugar dunha consoante nasal: 전라북도 → Jeollabuk-do

O guión pódese empregar en casos nos que a romanización dunha sílaba poida resultar ambigua e confundirse con outra: 장음 → jang-eum en contraposición a 잔금 → jan-geum. Porén, ningunha publicación oficial utiliza este recurso.

Débese utilizar o guión en transliteracións, para marcar a existencia dun carácter ㅇ ao principio dunha sílaba (expresa ausencia de son antes dunha vogal), agás se este aparece ao principio da palabra: 없었습니다 → eobs-eoss-seubnida, 외국어 → oegug-eo, 애오개 → Ae-ogae

Aínda que en principio as sílabas dos nomes propios coreanos non se separen con guións, isto está permitido: 강홍립 → Gang Hongrip ou Gang Hong-rip, 한복남 → Han Boknam ou Han Bok-nam

As sílabas que se refiren a unidades administrativas territoriais coreanas, como por exemplo, do (unidade equivalente a unha provincia) débense separar do nome do lugar cun guión: 강원도 → Gangwon-do. Así mesmo, algunhas veces pódense omitir algunhas destas sílabas (como 시, 군 ou 읍): 평창군 → Pyeongchang-gun ou Pyeongchang, 평창읍 → Pyeongchang-eup ou Pyeongchang.

Regras de transcripción editar

Vogais editar

Hangul
Romanización a ae ya yae eo e yeo ye o wa wae oe yo u wo we wi yu eu ui i

Consoantes editar

Hangul
Romanización Inicial g kk n d tt r m b pp s ss j jj ch k t p h
Final k k t l p t t ng t t t

, , , e transcríbense como g, d, b, e r cando se coloca na inicial dunha palabra ou antes dunha vogal, e como k, t, p, e l cando va seguida doutra consoante ou cando aparece ao final dunha palabra.[2]

Provisións especiais editar

A romanización revisada transcribe certos cambios fonéticos que ocorren con combinacións da consoante final dun carácter e a consoante inicial do seguinte como HangukHangugeo. Estes cambios significativos ocorren (resaltados en amarelo):

inicial
seguinte
final
anterior
g n d r m b s j ch k t p h
k g kg ngn kd ngn ngm kb ks kj kch k-k kt kp kh, k
n n n-g nn nd ll nm nb ns nj nch nk nt np nh
t d, j tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch
l r lg ln ld ll lm lb ls lj lch lk lt lp lh
m m mg mn md mn mm mb ms mj mch mk mt mp mh
p b pg mn pd mn mm pb ps pj pch pk pt p-p ph, p
t s tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch
ng ng- ngg ngn ngd ngn ngm ngb ngs ngj ngch ngk ngt ngp ngh
t j tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch
t ch tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch
t t, ch tg nn td nn nm tb ts tj tch tk t-t tp th, t, ch
t h k nn t nn nm p hs ch tch tk t tp t

Os cambios fonéticos entre as sílabas nos nomes de pila non se transcriben: 정석민Jeong Seokmin ou Jeong Seok-min, 최빛나Choe Bitna ou Choe Bit-na.

Os cambios fonolóxicos móstranse onde , , , e son adxuntas a : 좋고joko, 놓다nota, 잡혀japyeo, 낳지 → nachi. Porén, os son aspirados non se mostran no caso de substantivos onde segue a , , e : 묵호Mukho, 집현전Jiphyeonjeon.[2]

Véxase tamén editar

Notas editar

  1. "Ministry of Culture & Tourism: The Revised Romanization of Korean". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2007. Consultado o 9 de maio de 2007. 
  2. 2,0 2,1 "Romanization of Korean". Instituto Nacional da Lingua Coreana. Consultado o 13 de decembro de 2016.