Romain Sato

baloncestista centroafricano

Romain Guessagba-Sato-Lebel, nado o 2 de marzo de 1981 en Bimbo, é un ex xogador centroafricano de baloncesto profesional. Cunha altura de 1,96 metros xogaba nas posicións de escolta e ala.

Romain Sato
Información persoal
Nacemento 2 de marzo de 1981 (43 anos)
República Centroafricana Bimbo
Nacionalidade República Centroafricana República Centroafricana
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
Instituto Dayton Christian (Dayton, Ohio)
Universidade Xavier (2000–2004)
NBA Draft 2004 / Rolda: 2 / Elección: 52
Por San Antonio Spurs
Carreira 2004–2017
Historial de equipos
Aurora Jesi (2004–2006)
FC Barcelona (2006)
Mens Sana Siena (2006–2010)
Panathinaikos (2010–2012)
Fenerbahçe (2012–2013)
Valencia Basket (2013–2017)

Traxectoria profesional editar

Sato foi elixido na 52ª posición do Draft da NBA de 2004 polos San Antonio Spurs. Tras ser drafteado, Sato asinou co Aurora Basket Jesi da Serie A2 Basket, a segunda división italiana.[1]

En xullo de 2010, Sato asinou un contrato de tres anos co Panathinaikos BC grego. No verán de 2012, Sato asinou por dous anos co Fenerbahçe turco.[2]

En agosto de 2012, asinou co Valencia Basket da Liga ACB un contrato por unha tempada.[3] O 1 de xullo de 2014, Sato e o Valencia renovaron o contrato do xogador por dous anos máis.[4]

Notas editar

  1. Coro, Paul (5 de xullo de 2006). "Sato may fill Suns' need". The Arizona Republic. Consultado o 2007-06-28. 
  2. "Fenerbahce signs Romain Sato". Sportando.net. 12 de xullo de 2012. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  3. "VALENCIA BASKET announces power Romain Sato". Eurocupbasketball.com. 2 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 11 de novembro de 2013. 
  4. "Romain Sato will stay in Valencia two more years". Euroleague.net. 1 de xullo de 2014. Consultado o 1 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar