Rohan é un dos reinos pertencentes ó mundo fantástico de O Señor dos Aneis (do británico J. R. R. Tolkien). É un país de guerreiros e gandeiros, localizado na zona central do noroeste da Terra Media, entre o río Anduin, o Isen e as Ered Nimrais. Os seus habitantes son os descendentes dos éothéod de Rhovanion, pobos criadores de cabalos que viviron durante os primeiros séculos da Terceira Idade en Eriador e que á súa vez descendían da Segunda Casa dos Edain que abandonaron Beleriand antes das dúas últimas grandes guerras contra Morgoth.

Rohan
Legendarium de J. R. R. Tolkien
Estandarte de Rohan
Rohan (vermello) na Terra Media, Terceira Idade 3019.
Primeira apariciónAs Dúas Torres
Información
TipoFogar dos rohirrim
GobernanteReis de Rohan
Fundador: Eorl o Novo
LocalizaciónNoroeste da Terra Media
LugaresCapital: Aldburg, despois Edoras
Outros nomesA marca do xinete, Calenardhon, A Marca

Xeografía editar

Rohan é descrito por Tolkien como unha terra de pasteiros altos abaneados polo vento; en moitas ocasións Tolkien fai referencia a el como «un mar de pasteiros». Contra finais da Terceira Idade, durante a guerra do Anel, Rohan tiña unha área aproximada dun terzo dos territorios de Gondor e fora orixinalmente, baixo o nome de Calenardhon, unha provincia do reino do sur.

Rexións editar

O territorio de Rohan está organizado en tres circunscricións principais:

  • Malla Leste (A Chaira do Leste): a gran rexión de pasteiros do reino, situada entre o río Onodló, as Ered Nimrais e a corrente do Regato Nevado.
  • Malla Oeste (A Chaira do Oeste): localízase entre o río Onodló, as Montañas Brancas e os cursos do Regato Nevado e o Isen.
  • A Meseta: rexión situada entre o Bosque de Fangorn e o Anduin, ten como límite norte o río Limlixeiro, como fronteira sur o Onodló e linda ó oeste co propio Onodló e co bosque de Fangorn. Trátase dunha meseta de escasos recursos e a finais da Terceira Idade estaba practicamente deshabitada.

Límites editar

As fronteiras de Rohan están determinadas polos ríos Isen e Adorn ó oeste; ó sur as Montañas Brancas que o separan de Gondor; ó leste o río Anduin e a corrente do Mehring; e o Limlixeiro e o bosque de Fangorn ó norte.

Cidades editar

A capital do reino é Edoras, ó pé das Ered Nimrais. "Edoras" é unha palabra en inglés antigo para "cerrume".[1] No seu punto máis elevado atópase o castelo dos reis, a sala do hidromel Meduseld ou Palacio Dourado. O Meduseld é un grande edificio de tellado dourado que foi construído por Brego, fillo de Eorl, no ano 2569. No seu interior atópase o trono dourado do rei, grandes columnas recubertas de ouro e paredes con relevos das que colgan ricos tapices. Por riba de Edoras está Gradeparda, auténtico refuxio sagrado para os eotheod.

A segunda cidade máis importante é Cornoburgo, que está enclavada no Abismo de Helmo, conformando unha fortaleza practicamente inexpugnable. En Cornoburgo atópanse as estancias de Aglarond, as Cavernas Escintilantes, cavidades naturais das montañas que foron ampliadas e melloradas por Gimli, fillo de Glóin.

Outra cidade de certa relevancia é Aldbühr, capital da Quenlla Leste, que foi fundada por Gondor co nome de Calmirië.

Por último está Stowbühr, estratexicamente emprazada no curso medio do Onodló.

División política e administrativa editar

A Marca dos Xinetes está organizada politicamente en tres distritos, que á súa vez constitúen circunscricións militares.

  • A Meseta: ó norte do Onodló, debido á súa escasa poboación non tiña case ningunha relevancia económica ou comercial, pois tódalas rutas cos vales altos do Anduin estaban a miúdo cortadas e o tráfico de Rhovanion chegaba a través de Anórien.

Quenlla Leste editar

Abrangue tanto as terras ó sur do Onodló como os pasteiros altos ó norte do río que se estenden ata a Meseta. Dende Aldbühr controlábanse as mandas de animais e o tránsito de persoas a través do Mehring.

Quenlla Oeste editar

Dende Fangorn ata o Regato Nevado, a Quenlla Oeste concentra nos seus vales á maioría da poboación da Marca. Cornoburgo é a cidade fortín máis importante.

Estrutura militar editar

Mariscais da Marca editar

As Mallas estaban comandadas por mariscais. A súa xurisdición era absoluta, pois gobernaban en representación do rei. Durante o reinado de Théoden eran Théodred (primeiro mariscal e xefe de tódolos exércitos en ausencia do seu pai), Erquenbrando (segundo mariscal, quen tiña ó seu cargo a Malla Oeste) e Éomer (terceiro mariscal, que defendía a Malla Leste).

Cando Théodred caeu na batalla dos Vaos do Isen, Elfhelm ocupou o seu lugar de mando dos regulares de Edoras e asumiu o cargo de segundo ó mando por detrás do restablecido rei Théoden, que asumiu o seu cargo de primeiro mariscal.

Cando Éomer chegou ó trono, Elfhelm seguiu sendo o responsable da gornición de Edoras, o que equivale a ser alto mariscal, pois en batalla era o máximo mando despois do propio rei. Erquenbrando mantívose como segundo mariscal e a Malla Leste, historicamente en mans da Casa de Éomund (que era a que agora gobernaba o reino), recaeu na figura de Grimbold, membro dunha das casas máis influentes e heroe da batalla dos Campos de Pelennor.

Éored editar

 
Cabaleiro de Rohan.

É unha formación de cabalería, de número variable, pero que en tempos de guerra podía chegar ós 2.000 xinetes, perfectamente montados e equipados. Cada mariscal da marca tiña ó seu lado un éored da súa casa, é dicir, cabaleiros que respondían directamente ás ordes do mariscal e que vivían na sede de cada marca. Os demais éored estaban comandados por capitáns (como é o caso de Dúnhere), elixidos polos mariscais de acordo co seu valor e co seu adestramento.

O nome éored é de orixe anglosaxón e componse da partícula eoh- que significa ‘cabalo’ e da partícula -rad que significa ‘cabalgar’.

Éoherë editar

Chamábase así a todo o conxunto da cabalería de Rohan e estaba composto por tódolos éored. Estaba comandada polo propio rei en persoa, xa que nunca se acantonaba á totalidade do exército salvo en caso de guerra. Aínda que probablemente en tempos da primeira liñaxe o acantonamento total puidera ter reunido cifras que roldaban os 30.000 xinetes, Théoden só puido reunir en Gradeparda 10.000 cabaleiros, dos cales só 6.000 acudiron a socorrer Minas Tirith.

Ó igual que éored, o termo provén da lingua anglosaxoa, sendo a segunda partícula -herë, que significaba ‘hoste’ ou ‘exército’, é dicir, éoherë é ‘exército de cabalería’.

Infantaría editar

A infantaría do reino de Rohan é case inexistente, reducíndose a gornicións de postos fronteirizos, fortes e garda real das principais cidades. Aínda que non hai compañías de arqueiros como tal en campaña, si os hai de a cabalo, sendo realmente temíbeis.

Cultura editar

Os dúnedain de Gondor pensaban que os rohirrim estaban remotamente emparentados con eles (sendo descendentes dos Atanari ou Edain na Primeira Idade) e describíanos como homes medios, non tan cultos e hábiles como os numenorianos, pero superiores ós homes da escuridade, que louvaban e servían a Sauron.

Os rohirrim caracterizábanse por ser altos, fortes e de pel pálida e cabelos loiros, con ollos azuis ou verdes na súa maioría. Acostumaban levar o cabelo longo e trenzado. Eran por natureza serios, firmes e feros cos seus inimigos, pero á vez xenerosos e xoviais en tempos de paz.

Tiveron contacto cos elfos na Primeira Idade, cando aprenderon de Eru. Porén, ó igual que os dúnedain, non o adoraron en templos. Veneraban a Oromë o Cazador, ó cal chamaban Béma.

Cabalos e guerra editar

 
Un estandarte de Rohan.

Os rohirrim eran recoñecidos xinetes e criadores de cabalos. O seu exército estaba principalmente composto por cabalería, dividida en unidades chamadas éoreds. Os integrantes deste exército eran na súa maioría milicia, ben adestrada, convocada en tempos de guerra; os verdadeiros soldados a tempo completo eran un grupo menor dentro da poboación. Ían armados de lanzas e espadas longas, e protexíanse con escudos redondos, un helmo lixeiro e cotas de mallas que os cubrían ata os xeonllos.

En tempos de guerra, todo home quen de empuñar unha arma era recrutado no exército; ademais estaban obrigados polo xuramento de Eorl a axudar a Gondor en caso de necesidade. A solicitude de axuda presentábase mediante o envío da frecha vermella ou co acendido dos fachos de Gondor, grandes fogueiras que eran prendidas en tempos de necesidade e que estaban aliñadas sobre as Montañas Brancas en Anórien setentrional.

Entre os cabalos de Rohan estaban os mearas, os máis nobres e rápidos de toda Arda; Felaróf foi o pai e o máis veloz de todos eles.

É por esta asociación entre home e cabalo, non só en tempos de guerra, pola que recibiron o nome de rohirrim (que en sindarin significa ‘señores dos cabalos’ e Rohan (derivado de rochand, que significa ‘casa dos señores dos cabalos’).

Algúns rohirrim importantes editar

Notas editar

  1. Bosworth, eodor

Véxase tamén editar

Bibliografía editar