Rogelio Núñez de Couto

profesor e político galego

Rogelio Núñez de Couto, nado en Tenorio (Cotobade) e finado en Ourense en marzo de 1937,[1] foi un profesor e político galego.

Infotaula de personaRogelio Núñez de Couto
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Tenorio, España Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1937 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosXosé Núñez Búa Editar o valor em Wikidata
IrmánsJoaquín Núñez de Couto Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Sobriño de Manuel Ángel Couto e irmán de Joaquín Núñez de Couto. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca (1899).[2] Foi nomeado oficial da Sección de Instrución Pública da provincia de Ourense en 1902.[3] Creou co seu irmán Joaquín o colexio León XIII de Ourense e despois de Vilagarcía. Foi profesor axudante e logo auxiliar de letras do Instituto de Ourense (1904) e logo catedrático do mesmo instituto. Dirixiu o Boletin del Magisterio de Ourense. Militante do Partido Liberal, foi alcalde de Ourense de 1922 a 1923. Logo da proclamación da Segunda República xunto con outros antigos militantes liberais, ingresou no Partido Republicano a finais de abril de 1931.[4] Logo militou no Partido Radical, foi nomeado concelleiro polo gobernador civil en novembro de 1935,[5] e volveu ser nomeado alcalde de Ourense en xaneiro de 1936.


Predecesor:
Alfonso Junquera Devesa
  
Alcalde de Ourense
 
1922 - 1923
Sucesor:
Alfonso Junquera Devesa
Predecesor:
Santos Fernández Fueyo
  
Alcalde de Ourense
 
1936
Sucesor:
Manuel Suárez Castro

Obras editar

  • Nociones de Derecho, 1912.

Vida persoal editar

Foi pai de Xosé Núñez Búa.

Notas editar

  1. Diario de Pontevedra, 6-3-1937, p. 2.
  2. Diario de Pontevedra, 31-9-1899, p. 2.
  3. La Correspondencia Gallega, 4-12-1902, p. 2.
  4. El Progreso, 24-4-1931, p. 1.
  5. El Pueblo gallego, 12-11-1935, p. 15.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar