Rogelio González Suárez

político galego

Rogelio González Suárez, nado en Salcedo (Pontevedra) cara a 1905, foi un loitador antifranquista galego.

Infotaula de personaRogelio González Suárez
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata (118/119 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Traballou como carpinteiro na empresa de construcións Rodolfo Lama Prada. En 1930 pertenceu ao gremio de carpinteiros en Pontevedra, foi presidente do Sindicato. En 1936 desempeñou a vicepresidencia do Sindicato e da Federación Obreira Local.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado no monte con Manuel García Filgueira ata regresar ao seu domicilio, no que seguiu ocultándose ata novembro de 1945. Dende 1938 estaba en busca e captura por ser de marcada significación contraria ao Réxime e figurar como fuxido. En agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.[1] En 1945 trasladouse a Coruña, adoptou o nome de Braulio Fernández Portela, e contactou con Ramón Seoane Suárez e Alejandro Gama Casalderrey a quen xa coñecía de Pontevedra, organizando o Comité Provincial do Partido Comunista de España, do que foi nomeado secretario político.

En xaneiro de 1947, cando era perseguido pola policía franquista, ausentouse da cidade con destino a Cádiz. Pero foi detido en febreiro. Procesado na Causa 36/1947, xunto a Gama Casalderrey e Seoane Suárez, cun total de 56 individuos acusados de actividades comunistas, o fiscal militar solicitou a pena de morte en consello de guerra celebrado na Coruña o 30 de xullo de 1947, acusado de estar relacionado cos guerrilleiros, de militar en organización política ilegal e de repartir propaganda subversiva.[2] Cumpriu condena na Colonia Penitenciaria de El Dueso (Santoña), de onde saíu en liberdade condicional en xullo de 1952.[3]

Notas editar

  1. BOE, 6-10-1940, p. 4665.
  2. La Voz de Galicia, 31-7-1947, p. 4.
  3. BOE, 22-8-1952, p. 3908.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar