Rogelio Fernández Miniño

mecánico e político galego

Rogelio Fernández Miniño, nado no Porriño cara a 1903 e finado no mesmo concello o 9 de agosto de 1937, foi un mecánico e político galego.

Infotaula de personaRogelio Fernández Miniño
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de agosto de 1937 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
A Insua, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMecánico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsEduardo Fernández Miniño, José Fernández Miniño e Antonio Fernández Miniño Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mecánico no Porriño. De ideoloxía libertaria. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse na casa da nai. Permaneceu agochado na casa da nai, nun zulo, co seu irmán Eduardo. A pesar dos continuos rexistros da Garda Civil e os falanxistas, non foron descubertos. Para intentar que descubriran o seu agocho, os fascistas prenderon á súa muller Alsira, a varias das súas irmás e a Eugenia, a muller de Eduardo, a principios de 1937. Os entobados, ao quedar atendidos só pola nai xa maior, decidiron abandonar o zulo e marcharon a Tui, onde se ocultaron na casa de Evangelina Jaso González xunto co sobriño de Eduardo, Herminio Saavedra. Sospeitando de Evangelina, un día da Semana Santa de 1937, ao mencer, os falanxistas rodearon a casa e os agochados intentaron fuxir. Eduardo e Rogelio conseguírono, mentres Herminio torceu un pé ao caer e foi detido xunto con Evangelina. Eduardo e Rogelio escaparon por separado, Eduardo foi a Couso, na parroquia de Guláns, onde tres días despois apareceu Rogelio e ámbos decidiron agocharse na capela de San Cibrán, onde permaneceron case un mes ata a celebración da romería a finais de maio. Foron para unha cova nos arredores do monte Faro onde a súa irmá Carmen lles levaba comida. Cercado por falanxistas en Salceda de Caselas cando tentaba pasar a Portugal co seu irmán, foi morto na Insua o 9 de agosto de 1937.

Vida persoal editar

Casou con Alsira Rodríguez Covelo, e foi pai de Álvaro, Germán e Rogelio Fernández Rodríguez.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar