Rodrigo de Triana

explorador español born in the Andalusian province (Huelva) un the Town of Lepe..


Rodrigo de Triana, nado en Sevilla en 1469, foi un mariñeiro andaluz de finais do século XV, acompañante de Cristovo Colón na súa primeira viaxe do descubrimento de América. Segundo a historiografía, gritou ¡¡terra!! cando avistou o que logo sería o Novo Mundo.

Infotaula de personaRodrigo de Triana

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1469 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Molucas Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Castela Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónexplorador , mariño , Navegante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
3 de agosto de 1492-15 de marzo de 1493primeira viaxe de Colón Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Escudo de armas local de Lepe, onde aparece o mariñeiro.

Existen dúbidas acerca do seu lugar de nacemento, aínda que si hai consenso acerca de que, durante a súa vida, estivese vinculado ao sevillano barrio de Triana. Dependendo da hipótese, tamén varía a crenza do seu verdadeiro nome. Crese que puido nacer en Los Molinos (Sevilla) e residise no barrio de Triana. Tamén se baralla que nacese en Coria del Río ou na localidade onubense de Lepe como apuntan outras versións (sendo esta a opción máis aceptada). Aínda que o único documento histórico do que se ten constancia é o diario de a bordo de Cristovo Colón (atópase no Arquivo de Indias, Sevilla).

Unha das hipóteses afirma que o seu nome era Juan Rodríguez Bermejo, fillo de Vicente Bermejo, un fidalgo (musulmán convertido o cristianismo) dedicado o comercio da olería, e de Sereni Betancour. Seu pai foi morto na fogueira por comerciar con xudeus namentres el facía a viaxe do descubrimento do Novo Mundo. Tamén foi martirizado e máis tarde morto o moro Mudarra (previamente instruíra na súa lingua árabe a Rodrigo de Triana), por intimar coa familia do navegante, a pesar de se converter xa ao cristianismo como mandaban as normas da época.

Outra das hipóteses é que se chamase Rodrigo Pérez de Acevedo. Os que sosteñen que este foi o seu nome, apoian a teoría de que naceu na localidade onubense de Lepe.

O autor Gonzalo Fernández de Oviedo, na súa obra Historia general y natural de las Indias, islas y tierra-firme del mar océano, afirma que este mariñeiro era natural de Lepe, aínda que residiu gran parte da súa vida en Triana, (Sevilla).

Foi o primeiro español que avistou o novo continente dende o seu posto de vixía na carabela La Pinta (barco que a volta, 1 de marzo 1493, faría a primeira arribada en Baiona, Pontevedra, despois da primeira viaxe ao Novo Mundo). Este primeiro avistamento e narrado polo propio Almirante no diario da súa primeira viaxe recollido por frei Bartolomé de las Casas. Así, o relatar os feitos ocorridos durante a madrugada do 12 de outubro de 1492, as 2:00 para ser mais preciso, escribiu Cristovo Colón:

...Y porque la carabela Pinta era más velera e iba delante del Almirante, halló tierra y hizo las señas que el Almirante había mandado. Esta tierra vido primero un marinero que se decía Rodrigo de Triana...

Rodrigo divisou unha pequena illa do arquipélago das Lucayas (Bahamas), coñecida polos indíxenas como Guanahaní, e Colón a rebautizou como San Salvador.

Dise que Cristovo Colón (outras fontes nomean aos Reis Católicos) prometeu unha recompensa dalgúns miles de marabedís ao primeiro que avistara terra (o seu afán era Cipango, actual Xapón), pero Rodrigo de Triana non percibiu nada, ou o percibido non se acercaba á recompensa prometida , debido a que Colón dixo vela el antes.

Rodrigo participou en outra expedición ás Molucas en 1525 xunto a García Jofre de Loaisa.

Un monumento levantado no barrio sevillano de Triana recorda e honra a súa figura. Tamén se honra a súa figura na cidade de Lepe, onde unha urbanización, un colexio e unha das principais rúas do centro histórico da cidade homenaxean ao mariñeiro, ademais de aparecer no escudo da cidade no momento de divisar o novo mundo.

Homenaxes editar

 
Monumento de arte contemporánea na Praza de Chapina, barrio de Triana, Sevilla. O título da obra artística é "Monumento a los ángeles trianeros". Foi realizado en 1992 por Gabriel Mozas. O mural de bronce mostra a Colón e a un grupo de mariñeiros. O da dereita levanta a man para despedirse de Triana, distinguida polo relevo da torre da Igrexa de Santa Ana. Xunto ao mural existe unha placa de cerámica que conmemora a Rodrigo de Triana, Rodrigo de Bastidas, Andrés de Morales e aos trianeiros anónimos que contribuíron no descubrimento e exploración de América.

Na Exposición Iberoamericana de 1929 creouse un monumento a Rodrigo de Triana para ser colocado na Praza dos Conquistadores da mostra. Na España de principios do século XX existía un intenso movemento revolucionario, sobre todo anarquista, e a estatua de Rodrigo era dun home con boina levantando o puño esquerdo. No ano 1948, en pleno franquismo, a estatua foi colocada na Praza Chapina e o brazo éralle a miúdo arrincado. Na década de 1970 encargouse outra estatua de Rodrigo, que foi colocada a comezos dos anos 1980 ao final da rúa de "Puente y Pellón", do barrio de Triana.[1]

O monumento levantado no barrio sevillano de Triana recorda e honra a figura de Rodrigo de Triana. O monumento é unha estatua onde se lle mostra sinalando terra sobre un pedestal onde lemos "¡Terra!".

En Lepe hónrase a figura do lepero que segundo a historiografía avistou América e que na localidade é coñecido por Rodrigo Pérez de Acevedo. Desta forma, en Lepe unha urbanización, un colexio e unha das principais rúas do centro histórico chámanse Rodrigo Pérez de Acevedo, ademais de aparecer no escudo da cidade no momento de divisar o Novo Mundo.

Juan Rodríguez Bermejo posúe unha rúa en Dos Hermanas, municipio da Provincia de Sevilla. Na cidade de Sevilla ten unha rúa chamada Rodrigo de Triana, no barrio sevillano de Triana, e é mencionado nun monumento na Praza de Chapina, colocado en 1992, dedicado aos trianeros que contribuíron ao descubrimento e exploración de América.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Juan José Cabrero Nieves. Blog Exposición Iberoamericana de 1929, ed. "La Plaza de los Conquistadores" (en castelán). Consultado o 15 de abril do 2016. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • FERNÁNDEZ DE CASTILLEJO, Federico (1945). Rodrigo de Triana. Bos Aires (Arxentina). Editorial: Clydoc
  • ALONSO, Juan Ramón (2006). Rodrigo de Triana. Zaragoza. Editorial: Luis Vives. ISBN 84-263-5896-9

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar