Rodrigo Ramos

cantante galego

Rodrigo Ramos González, nado en Laro (Silleda) en 1990, é un músico e cantautor galego.

Infotaula de personaRodrigo Ramos
Biografía
Nacemento1990 Editar o valor em Wikidata (33/34 anos)
Laro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor em Wikidata

Discogs: 12378043 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira musical formando parte de varios grupos, entre eles Barrio Rojo, banda que formou en 2011 xunto ao guitarrista Iago Fernández.[1] En 2015 iniciou unha carreira en solitario, que o levou a publicar o seu primeiro disco en 2017, co título Mirabas almas.[2] Acompañou o lanzamento do disco cunha xira pola Península Ibérica con máis de 50 concertos.[2] En 2019 publicou Sol de invierno, un álbum no que destacou o aspecto vocal, así como os arranxos de piano, e que contou coa colaboración de Guadi Galego no tema "Quedaches sen nada".[2][3]

En 2023, saíu á luz o seu terceiro álbum, titulado Claustrofobia, que constou de seis temas en castelán e catro en galego, e incluíu a participación de Lucía Pérez en "Nada máis".[4][5]

Discografía editar

  • Mirabas almas (2017).
  • Sol de invierno (2019).
  • Claustrofobia (2023).

Notas editar

  1. "Los silledenses Barrio Rojo desembarcan hoy en Santiago". El Correo Gallego (en castelán). 27 de novembro de 2012. Consultado o 25 de abril de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Las actuaciones de Rodrigo Ramos y Magín Blanco pondrán fin en el Museo al programa Emprazarte". Pontevedra Viva (en castelán). 31 de agosto de 2022. Consultado o 25 de abril de 2023. 
  3. "Quedaches sen nada: a balada soul de Rodrigo Ramos e Guadi Galego". Nós Diario. 31 de maio de 2019. Consultado o 26 de abril de 2023. 
  4. Apestegui, Ainhoa (12 de xaneiro de 2023). "Nuevo disco del cantautor Rodrigo Ramos". Cadena SER (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2023. 
  5. Crespo, Carlos (10 de marzo de 2023). "Rodrigo Ramos: «Gústame compoñer dende o rural»". La Voz de Galicia. Consultado o 26 de abril de 2023.