Rodolfo Valentino

Rodolfo Pietro Guglielmi, coñecido como Rodolfo Valentino, nado en Castellaneta o 6 de maio de 1895 e finado en Nova York o 23 de agosto de 1926, foi un actor estadounidense de orixe italiana.

Rodolfo Valentino
Nacemento6 de maio de 1895
LugarCastellaneta
Falecemento23 de agosto de 1926 e 24 de agosto de 1926
LugarNova York
Causaperitonite
SoterradoHollywood Forever Cemetery
NacionalidadeReino de Italia
Cónxuxe(s)Natacha Rambova e Jean Acker
Profesiónactor e actor de cinema
Na rede
IMDB: nm0884388 Allocine: 14006 Rottentomatoes: celebrity/rudolph_valentino Allmovie: p72650 TCM: 336470
Musicbrainz: d06f563d-3667-4265-b464-220cb920946a Discogs: 17327 WikiTree: Valentino-30 Find a Grave: 1053 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Sería unha estrela cinematográficada década dos 20, despois de emigrar aos Estados Unidos en 1913 en busca de fortuna. Os seus primeiros traballos nada tiveron que ver coa fama, nin sequera co espectáculo, pois empezou gañandose a vida traballando coma fregador e xardineiro (estudara agronomía en Italia). Posteriormente, entrou no mundo do espectáculo coma bailarín de vodevil.

En 1918 Valentino trasladouse a Hollywood, onde comezou a aparecer na pantalla interpretando papeis secundarios. A súa grande oportunidade chegoulle en 1921, ano en que interpretou o papel de Xulio en Os catro xinetes da Apocalipse (The Four Horsemen of the Apocalypse). O éxito da película levouno, ese mesmo ano, a rodar A dama das camelias (Camille), obra que confirmaría o seu fulgurante salto ao estrelato. Da man dos máis habilidosos representantes, pronto levantou as paixóns de millóns de admiradoras e converteuse na figura romántica masculina por antonomasia. A súa figura enxuta e apaixonada destilaba todas as esencias propias do "latin lover". O exotismo dos seus personaxes non tardou en contaxiarse á súa vida persoal e as súas aparicións públicas estiveron pronto imbuídas dun aparatoso misticismo orquestrado polos estudos e fomentado por el mesmo.

Entre as películas de Valentino, na súa maioría dramas románticos, destacan O caíd (The Sheik, 1921), Sangue e area (Blood and Sand, 1922), A aguia negra (The Eagle, 1925), e O fillo do caíd (The son of the Sheik, 1926). O seu inesperado falecemento, tras a perforación dunha úlcera diagnosticada demasiado tarde, produciuse cando só contaba trinta e un anos de idade e se encontraba no cumio da súa fama. A noticia da súa morte conmocionou ao público de todo o mundo, e provocou numerosas manifestacións públicas e non poucos intentos de suicidio entre as súas admiradoras.