Rodolfo Ares

político vasco

Rodolfo Ares Taboada, nado en Pena do Souto (O Navallo, Riós)[1] o 25 de xuño de 1954 e finado en Bilbao[2] o 26 de xaneiro de 2023, foi un político vasco de orixe galega.

Infotaula de personaRodolfo Ares

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Rodolfo Ares Taboada Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1954 Editar o valor em Wikidata
Pena do Souto, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 2023 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento do País Vasco
20 de novembro de 2012 – 26 de maio de 2016 – Aitor Casado Figueroa (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Biscaia
Security minister (en) Traducir
8 de maio de 2009 – 29 de agosto de 2012
← Javier BalzaIdoia Mendia →
Deputado do Parlamento do País Vasco
3 de abril de 2009 – 11 de maio de 2009 – Aitor Casado Figueroa (en) Traducir →

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
16 de maio de 2005 – 3 de abril de 2009

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 16 de maio de 2005

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
25 de novembro de 1998 – 8 de xuño de 2001

Circunscrición electoral: Biscaia
Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 25 de novembro de 1998

Circunscrición electoral: Biscaia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaQ3813633 Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Viviu en Bilbao desde neno (barrio de Otxarkoaga), onde emigrou a súa familia. Estudou mestría industrial. En Bilbao entrou na UXT e o PSOE en 1977 e na que foi concelleiro entre 1983 e 1990. Dende 1994 foi deputado no Parlamento Vasco, foi tamén voceiro do grupo dos socialistas vascos (2000-2005).

Foi un dos participantes na delegación do PSE nas conversas, no Mosteiro de Loiola, entre EAJ-PNV, PSE-EE e Batasuna), durante o cesamento do fogo de ETA de 2006, facendo equipo de negociación co presidente da sección de éuscaro do PSOE, Jesús Eguiguren.[Cómpre referencia] Máis tarde, durante o período inmediatamente anterior ás eleccións municipais e provinciais, formou parte da delegación que se reuniu en Xenebra, in extremis, coas delegacións de ETA e Batasuna, coa axuda de observadores internacionais (o goberno suízo, Fundación Henry Dunant, os gobernos británicos e noruegués, e o Sinn Féin, entre outros). Ambos os procesos resultaron infrutuosos, resumidos na creba formal da tregua de ETA o 14 de xuño de 2007, co atentado na terminal 4 no Aeroporto de Madrid-Barajas, que ocasionou dúas vítimas mortais.[Cómpre referencia]

No VIII Congreso do PSE-EE, celebrado en 2014, deixou a secretaría de Organización e as responsabilidades políticas na primeira fila. Continuou porén vencellado ao partido, participou nas negociacións iniciais de formación de goberno de Pedro Sánchez, e nos comités electorais de 2019, mais abandonou finalmente o Parlamento Vasco e xubilouse da política.

Notas editar

  1. Monchi Sánchez (28 de xuño de 2009). "Rodolfo Ares Taboada: ‘Nunca pondré plazos al fin del terrorismo de ETA, pero será más pronto que tarde’". La Región.  Carácter control C1 en |título= na posición 23 (Axuda)
  2. "Fallece Rodolfo Ares, exconsejero de Interior del Gobierno Vasco". EITB (en castelán). 2023-01-26. Consultado o 2023-01-26. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar