Rodney Stuckey

baloncestista estadounidense

Rodney Norvell Stuckey, nado o 21 de abril de 1986 en Seattle, Washington, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Cunha altura de 1,96 metros xogaba nas posicións de base e escolta.

Rodney Stuckey
Posición Base
Información persoal
Nacemento 21 de abril de 1986 (38 anos)
Seattle, Washington
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Información da carreira
Instituto Kentwood (Covington, Washington)
Universidade Eastern Washington (2005–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 15
Por Detroit Pistons
Carreira 2007–2017
Historial de equipos
Detroit Pistons (2007–2014)
Indiana Pacers (2014–2017)

Carreira editar

Universidade editar

Stuckey acudiu ao Kentwood High School en Kent, Washington, lugar dende o cal pasou á Universidade de Eastern Washington. Alí gozou de dúas tempadas brillantes, ofrecendo uns números moi bos. Debutou na tempada 2005-06 facendo 24,2 puntos, 4,8 rebotes, 4,1 asistencias e 2,2 roubos por partido. Abraiou a toda a NCAA con 45 puntos ante Northern Arizona. No seu primeiro partido fronte a Pacific Lutheran conseguiu un dobre-dobre, con 14 puntos e 10 asistencias. Implantou un novo récord na súa universidade con 726 puntos nunha tempada liderando a Big Sky en anotación e alzouse co MVP da Big Sky.

Coma sophomore na tempada 2006-07 liderou novamente a Big Sky en puntos e rematou 7º no país con 24.6, ademais de 4.7 rebotes, 5.5 asistencias (2º da Big Sky) e 2.4 roubos de media. Fronte a Portland State rexistrou o seu máximo da tempada con 36 puntos. Chegou ou superou nove veces os 30 puntos. En só dúas tempadas anotou 1.438 puntos, capturou 279 rebotes, repartiu 283 asistencias e roubou 145 balóns. Nas dúas campañas foi galardoado coa honorábel mención All-America por The Associated Press e All-Big Sky Conference. Levou o número 3 en Eastern Washington en honra ao seu xogador favorito, Dwyane Wade.

NBA editar

Stuckey foi elixido por Detroit Pistons no posto 15 da 1ª rolda do draft de 2007. A súa tempada coma rookie foi boa, e aproveitou ao máximo os minutos que se lle daban, facendo 7,6 puntos por partido durante a tempada regular, e mellorando os seus rexistros na postempada, onde fixo 8,2 puntos por encontro.

O 21 de xullo de 2014, Stuckey fichou polos Indiana Pacers.[1]

Notas editar

  1. "Pacers Sign Rodney Stuckey". NBA.com. 21 de xullo de 2014. Consultado o 21 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar