O Rock in Cambre é un festival de música rock que se celebra no concello de Cambre, unha noite, en agosto, desde 1992. A entrada é de balde.

Rock in Cambre
Localización Cambre, Galicia
Anos 1992–presente
Nº edicións 24
Fundadores
Data Un día, en agosto
Xénero Rock, pop rock
Organizador Concello de Cambre
Web oficial Facebook oficial
Na rede

Historia editar

Iniciado en 1992. En 2006 o concello introduciu unha iniciativa chamada Rock na Ría -agora Noites Rock- na que os grupos locais compiten para actuar como abreconcertos no festival.[1]

Grupos participantes no festival editar

Entre os grupos que participaron nas distintas edicións do festival destacan bandas do panorama estatal como Platero y Tú, Reincidentes, Barricada, Obús, Rosendo, Buenas Noches Rose ou Def con Dos. Tamén bandas galegas como Killer Barbies, Los Suaves ou Os Diplomáticos de Monte Alto.

Notas editar

  1. Dos décadas de rock and roll; La Opinión de A Coruña, 13 de agosto de 2010 (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar